Abel Losada insta a Pastor a que deixe de facer promesas electorais sobre a peaxe da AP9 e priorice a autoestrada gratuíta Vigo - Pontevedra

Abel Losada insta a Pastor a que deixe de facer promesas electorais sobre a peaxe da AP9 e  priorice a autoestrada gratuíta Vigo - Pontevedra

Abel Losada insta a Pastor a que deixe de facer promesas electorais sobre a peaxe da AP9 e priorice a autoestrada gratuíta Vigo – Pontevedra

O cabeza de lista por Pontevedra, Abel Losada, criticou a presenza da ministra de Fomento, Ana Pastor, en Vigo “para facer unha promesa claramente electoral” ao ofrecer a viaxe de volta gratis da peaxe da AP9 para a xente que vai traballar. “Segundo se achegan as eleccións, so lle falta prometer que nos vai regalar o coche”, ironizou Losada ao tempo que asegurou que ata o de agora, nestes nove meses de goberno do PP, “o único certo é que as peaxes subiron nun 10%”.

Durante unha comparecencia cos medios de comunicación, o socialista apuntou que a actual responsable de Fomento ten que responder ante a cidadanía polo papel que xogou o PP na historia desta autoestrada.

Tal e como indicou, foi o PP o que aumentou a concesión ao límite, ata o ano 2048, o que que permitiu que a participación de NGB na empresa adxudicataria sexa vendida a fondos de investimento estranxeiros. Isto dificulta a negociación, dixo, e nestes intres, é o responsable dun goberno que consigna cantidades “simbólicas” nos orzamentos xerais de 2013 para a construción das autoestradas A57 e A59, as alternativas libres de peaxe.

Recriminoulle á ministra que “faga campaña electoral con promesas irrealizables” e reiteroulle a esixencia de consignar cartos que permitan poñer en marcha as autoestradas libres de peaxe.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar