Abel Losada esíxelle á Xunta “menos soberbia e máis conexión coa realidade do país” para axudar aos fogares sen ingresos e con todos os seus membros no paro

Abel Losada esíxelle á Xunta “menos soberbia e máis conexión coa realidade do país” para axudar aos fogares sen ingresos e con todos os seus membros no paro

Abel Losada esíxelle á Xunta “menos soberbia e máis conexión coa realidade do país” para axudar aos fogares sen ingresos e con todos os seus membros no paro

Abel Losada acusa ao goberno de ter duplicado o número de directivos do Igape mentres reduce o orzamento a unha cuarta parte e abandona o seu papel de financiador da economía galega

O deputado socialista Abel Losada esixiulle hoxe á Xunta “menos soberbia e un pouco mais de conexión coa realidade do país” para recuperar a creación de emprego. Losada presentou unha pregunta oral na Comisión de Industria na que reclamou que o goberno galego apoie a “eses fogares nos que non entran ingresos e os que teñen a tódolos seus membros en paro”.

Advertiu que mentres baixan os salarios, impoñen os repagos polos servizos públicos e reducen as pensións, desmantelan o Igape, que perde o seu papel de financiador da economía galega. Lembrou que, mentres duplican o número de directivos deste organismo, o seu orzamento “cae en picado” véndose reducido á cuarta parte dende os 345 millóns de euros de 2010 aos 82 previstos no orzamento de 2014.

Losada advertiu que as políticas do goberno galego poden garantir para as exportacións “un pouco de pan para hoxe e fame para mañá” ao reducir os salarios mentres incrementan os beneficios do capital, co que os consumidores perden cada vez mais diñeiro e polo tanto mais capacidade para comprar e activar a economía.

Denunciou que este é o resultado da decisión dos gobernos central e autonómico de “manter pechada a billa de financiamento privado”, coas entidades financeiras utilizando os fondos públicos para comprar débeda en lugar de para dar crédito, e o Igape desaparecido.

Fogares sen ingresos
O resultado, dixo, é que cada mes aumentan o número de fogares galegos sen ingresos, e o sector industrial perde un de cada catro postos de traballo dende que chegou Feijóo e se ve abocado a que no próximo mes o naval de Ferrol perda toda a súa carga de traballo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar