Abel Losada esixe a dimisión ou cese do conselleiro de Industria e do director Xeral do Igape

Abel Losada esixe a dimisión ou cese do conselleiro de Industria e do director Xeral do Igape

Abel Losada esixe a dimisión ou cese do conselleiro de Industria e do director Xeral do Igape

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada esixiu a dimisión ou cese inmediato do Conselleiro de Industria , Javier Guerra e do Director Xeral do IGAPE, por mor da operación Campeón. Afirma que “esta é a única solución posible”, trala imputación de Varela de Limia pola suposta fraude de subvencións.

Losada esixiu ao Presidente da Xunta que “dea a cara, que se deixe de subterfuxios, e que deixe de comportarse como un equilibrista, practicamente como un mago que se saca ideas da chisteira”, espetou.

O portavoz do PSdeG explicou que o Igape é un instrumento moi sensible para a economía galega e para a imaxe do país, por iso preguntouse “que pensarán os empresarios de fóra de Galicia e os galegos que estivesen a pensar en investir na Comunidade”.

Así as cousas afirma que Núñez Feijóo utiliza unha “estratexia de distracción continua sobre a condición de alto cargo do director do Igape”. E lembra que foi nomeado por un Consello de Dirección presidido polo conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra “e no que tamén están outros conselleiros, como a de Traballo, a de Facenda ou de Mar entre outros cargos da Xunta”.

Ademais cualificou como unha “paradoxa que o encargado da investigación interna da Xunta sexa outro Director Xeral que tamén está imputado, polo caso das subvencións a Unións Agrarias”.
Rexeneración democrática de Feijoo

O portavoz socialista emprazou a Feijoo a que cumpra cos seus compromisos de rexeneración democrática “só lle faltou preguntar que é o Igape”, ironizou Losada sobre a actitude do Presidente da Xunta neste asunto.

Ademais lembrou que o Grupo Parlamentario Socialista xa pediu a comparecencia do Presidente da Xunta e do conselleiro de Economía e Industria no Parlamento.

Pésame polos dous mariñeiros falecidos

Losada ao comezo da súa intervención enviou unha mensaxe de solidariedade e de pesar do Grupo Parlamentario Socialista ás familias dos dous mariñeiros falecidos de Malpica do pesqueiro Nueva Luz. O portavoz socialista emprazou á Conselleira do Mar a que recapacite a súa decisión de abolir o seguro de accidentes colectivos do Mar “este é un bo momento para reflexionar” proclamou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar