Abel Losada: "en lugar da 'Liga dos Homes -e mulleres- Extraordinarios', Feijóo presenta un Goberno zombi que persevera no erro

Abel Losada: "en lugar da 'Liga dos Homes -e mulleres- Extraordinarios', Feijóo presenta un Goberno zombi que persevera no erro

Abel Losada: "en lugar da 'Liga dos Homes -e mulleres- Extraordinarios', Feijóo presenta un Goberno zombi que persevera no erro

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, lamentou hoxe que o presidente da Xunta “en lugar de facer a Liga dos Homes –e mulleres- Extraordinarios, fixo un goberno zombi para perseverar no fracaso da pasada lexislatura”. Así o dixo logo da toma de posesión dos conselleiros e conselleiras do novo goberno, que serán os mesmos da pasada lexislatura.

Losada recuperou o título do coñecido cómic e película de ciencia – ficción “A Liga dos Homes Extraordinarios” para sinalar a necesidade dun goberno preparado para facer fronte a un contexto de crise especialmente difícil. Lamentou que o presidente da Xunta repita un goberno que “perde enerxía” composto polos “suplentes” que asumiron as consellerías logo de que os anteriores titulares se mudaran ao goberno de Rajoy.

O Grupo Socialista presentou hoxe a solicitude de comparecencia urxente en Pleno e Comisión parlamentaria dos oito conselleiros do goberno de Feijóo. Reclamoulle que “corrixa a tendencia da lexislatura pasada –na que vetou as comparecencias dos conselleiros- e accedan a comparecer” para explicar “as supostas novas políticas para saír da crise, porque as vellas resultaron un erro”.

Dixo que “mais alá do relevo do conselleiro de Economía, Feijóo persevera no erro nas políticas e nas persoas” fronte a unha recesión “asentada en Galicia”, que pasou de superar en preto do 1 por cento o crecemento do PIB medio do Estado en 2008 a descender o mesmo en 2012 perdendo todo o seu diferencial positivo. Mentres, en materia de emprego “da igual que a conselleira Mato estea ou non porque descoñecen as competencias que ten a Xunta”.

Engadiu que en sanidade e educación Feijóo “augura mais recortes e privatizacións” para aplicar –ironizou- o paradigma do Hospital de Vigo “privado e parado”, mentres en materia de política social augura un modelo de “beneficencia e recorte de dereitos”. Tamén solicitou a comparecencia do novo conselleiro de Economía e Industria, que herda “40.000 ocupados menos no sector, e unha caída do Índice de Produción Industrial que duplica a estatal”.

PP, PP, PP

O responsable socialista aludiu tamén ao nomeamento do secretario xeral do PP, Alfonso Rueda, como vicepresidente do Goberno para “poñer o goberno ao servizo do PP”, e sinalou que “en lugar de rematar os seus discursos con Galicia, Galicia, Galicia –en alusión á intervención no debate de investidura-, Feijóo en realidade dicía PP, PP, PP”.

Sinalou que con este nomeamento, Feijóo avala ao “comisario político do PP” na anterior lexislatura, quen argallou a falsa trama de Unións Agrarias, ou o que intentou gobernar a cidade de Vigo “pola porta de atrás” impoñendo unha Lei da Área Metropolitana contra a autonomía da cidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar