Abel Losada, elixido presidente da Comisión 3ª do Parlamento

Abel Losada, elixido presidente da Comisión 3ª do Parlamento

Abel Losada, elixido presidente da Comisión 3ª do Parlamento

O deputado socialista de Vigo Abel Losada foi nomeado presidente da Comisión 3ª, de Economía, Facenda e Orzamentos, que tradicionalmente esta dirixida pola oposición. Así resultou logo da xornada de constitución das comisións parlamentarias, hoxe mércores no Parlamento de Galicia.

No proceso de constitución destes órganos tamén tivo lugar a designación dos integrantes das mesas das mesmas, conformadas por un presidente, un vicepresidente e un secretario, dous deles designados polo grupo maioritario e o terceiro polos grupos da oposición.

En virtude dos acordos acadados entre os grupos da oposición, os socialistas galegos designaron ao presidente desta Comisión 3ª, ademais dos secretarios das comisións 1ª, Institucional, Administración Xeral, Xustiza e Interior, que recaeu na pontevedresa Patricia Vilán, da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes, o deputado coruñés José Manuel Pérez Seco, e da Comisión do Consello de Contas, que recaeu na tamén coruñesa Begoña Rodríguez Rumbo.

Losada

O xa presidente da Comisión 3ª sinalou a importancia dos orzamentos como “ferramenta política de primeira orde” e apostou por “facer o que sempre facemos no Parlamento de Galicia, que é traballar” e “chegar a puntos de acordo e consenso en beneficio do país”. Losada agradeceu a tódolos grupos da Cámara o seu nomeamento, que partiu da designación do Grupo Socialista feita pública o pasado luns.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar