Abel Losada: "É o momento de que o PP fale” logo da detención de alcaldes populares

Abel Losada: "É o momento de que o PP fale” logo da detención de alcaldes populares

Abel Losada: "É o momento de que o PP fale” logo da detención de alcaldes populares

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, dixo hoxe que “é o momento de que o PP fale porque é o que está máis incumbido” polo caso de presunta corrupción urbanística na Costa da Morte. Así o dixo en resposta ás preguntas dos xornalistas logo da Xunta de Portavoces do Parlamento.

Losada sinalou que onte foron detidos dous alcaldes e dous concelleiros e deputados provinciais do PP, ademais dun alcalde independente, o que “fai necesaria unha declaración máis explícita” deste partido sobre este asunto. O responsable socialista considera “moi importante que o exercicio de investigación e a depuración de responsabilidades chegue ata o final”.

O responsable socialista reiterou hoxe o máximo “apoio e colaboración cos corpos e forzas de seguridade” para afondar na investigación porque, dixo, “a política ten que ser unha actividade nobre, polo que os socialistas rexeitamos as vías de aproveitamento persoal”.

Intereses de Galicia

Losada esixiu tamén ao presidente da Xunta que responda ás declaracións antiautonomistas de Aznar “defendendo os intereses de Galicia e levando adiante a reforma do Estatuto de Autonomía da Comunidade Autónoma da que é presidente”. Sinalou que esta iniciativa permitiría, entre outras cousas, “solventar os problemas das liñas financeiras” que ten Galicia actualmente.

Reclamou ao presidente da Xunta que “explique por qué non avanza na reforma do Estatuto de Autonomía” e dixo que “a miña teoría é que quere reforzar a súa posición en Madrid”, polo que evita desenvolver o nivel competencial de Galicia.

Dixo que as diverxencias amosadas por Aznar fronte ao Estado “non sorprenden”, xa que recupera a súa posición dos anos 70, a pesares de que “recuperou a conciencia autonomista cando necesitou os votos dos nacionalistas vascos e cataláns, etapa na que chegou a falar catalán na intimidade”. Lembrou tamén que o PP integra a unha dereita “moi conservadora” pola que a presidenta de Madrid amosouse “adherida” ao Tea Party.

Finalmente, en relación coa publicación do patrimonio dos políticos, dixo que os socialistas e o propio goberno de Zapatero foi quen demostrou “cos feitos” o seu avance na liña da transparencia, que considera “irreversible”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar