Abel Losada denuncia que a Xunta sitúa a Galicia “ao nivel de Ucrania e Turquía” ao reducir o I+D+i

Abel Losada denuncia que a Xunta sitúa a Galicia “ao nivel de Ucrania e Turquía” ao reducir o I+D+i

Abel Losada denuncia que a Xunta sitúa a Galicia “ao nivel de Ucrania e Turquía” ao reducir o I+D+i

O portavoz de Industria acusa ao PP de converter a Galicia nunha “economía subsidiada” e lembra que o 70 por cento das rexións europeas teñen mellor puntuación en innovación

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou á Xunta de situar a Galicia “ao nivel de Ucrania e Turquía” pola redución de investimento en I+D+i. No debate dunha Interpelación no Pleno do Parlamento, o responsable socialista acusou ao PP de converter a Galicia nunha “economía subsidiada”, e lembra que o 70 por cento das rexións europeas superan a Galicia en innovación.

Losada lamentou que o goberno galego queira que Galicia compita pola vía dos salarios baixos, como evidencia a conxelación do salario mínimo e a brutal depreciación interna, mentres o investimento en I+D+i baixou un 30 por cento dende a chegada de Feijóo á Xunta en 2009, pasando de 142 millóns de euros a 113.

Explicou que mentres o obxectivo anunciado polo PP era o de investir o 1,5 por cento do PIB en investigación, desenvolvemento e innovación, a realidade é que os orzamentos de 2014 invisten só un 0,87 por cento. Lembrou que Eslovenia inviste un 2,11, China un 1,7, Estonia o 1,62, Portugal 1,59 e a República Checa o 1,56 por cento, mentres Brasil, Hungría, Montenegro, Túnez, Serbia e Sudáfrica superan a Galicia.

Informe

Losada tomou o Informe de Competitividade Rexional Europea elaborado pola Dirección xeral de Política Rexional da UE para constatar que Galicia está por debaixo de rexións que teñen 30 puntos de renda menos. Así, de 262 rexións, Galicia é a 144 en Educación superior, a 204 en eficiencia do mercado laboral, e a 225 en cualificación tecnolóxica.

Acusou ao Goberno galego de “pensar que somos imbéciles” ao diminuír o investimento en I+D+i coa escusa de deixarlle paso á iniciativa privada. Lembrou que “non se coñece un só caso no mundo no que aumente o I+D privado cando descende o público”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar