Abel Losada chama a "penalizar o engano masivo" de Feijóo e Rajoy nas próximas eleccións

Abel Losada chama a "penalizar o engano masivo" de Feijóo e Rajoy nas próximas eleccións

Abel Losada chama a "penalizar o engano masivo" de Feijóo e Rajoy nas próximas eleccións

O candidato pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galicia, Abel Losada, indicou que “sacar a Feijoo da Xunta é enviarlle unha mensaxe duro de penalización as políticas que está a desenvolver Rajoy”.

Losada participou na presentación da candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra as eleccións do 21-O na capital e recordou que os socialistas se presentan a estes comicios cun proxecto alternativo as políticas da dereita “de Feijoo e Rajoy”. “Os socialistas creemos necesario que nestes momentos hai que pedirlle un maior esforzo a os que máis teñen e non facer anmistias os defraudadores”, sinalou Losada.

O candidato socialista suliñou que “dende o PSdeG-PSOE imos facer unha campaña limpa e, dende logo, non imos prometer o que non podamos cumprir, non como fixo Feijoo no 2009 con aquel contrato de 14 puntos que logo incumpriu na súa totalidade”.

Abel Losada indicou que Feijoo chegou a Xunta subido nunha mentira, “gobernou coa propaganda e agora esconde en campaña o programa oculto de Rajoy de reducir as prestacións por desemprego e as rebaixas das pensións aos pensionistas”.

Entre os principais compromisos que citou o candidato pontevedrés se atopa a paralización dos despidos na sanidade pública, abolir o copago farmacéutico para os pensionistas, libros gratis para o 90% dos escolares galegos e rexeitar o financiamento dos colexios que segregan por sexo.

Losada tamén tivo palabras para la ministra de Fomento, Ana Pastor, de quen dixo que formaba parte do “engano masivo” con Feijoo ao prometer unha rebaixa da peaxe da autopista Pontevedra-Vigo. “Temos que recordarlle a Pastor que foi seu partido quen ampliou a concesión de Audasa sen ningunha contrapartida outros 25 anos ala polo 2003 cando gobernaba o PP en Madrid -afirmou o candidato- e que os únicos que eliminamos o peaxe da autopista fomos os socialistas dende a Xunta ao facer gratis o tramo de Rande”.

Igualmente recordou o “engano” do hospital novo de Pontevedra. “Mentras o goberno socialista na Xunta adicou recursos a Montecelo, Feijoo e Pastor, decidiron facer un novo hospital en Pontevedra, que aínda non ten nin as expropiacións feitas e só unha carreteira que paga a Deputación”. “Pero de Hospitais novos conocemos ben en Vigo, onde as obras permanecen paradas pola falla de financiamento da empresa privada adxudicataria do hospital”, concluíu Losada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar