Abel Losada censura que o Goberno reduza o seu impulso en I+D+i a un exercicio de propaganda

Abel Losada censura que o Goberno reduza o seu impulso en I+D+i a un exercicio de propaganda

Abel Losada censura que o Goberno reduza o seu impulso en I+D+i a un exercicio de propaganda

O portavoz de Industria, Abel Losada, criticou o estudo defendido no Pleno polo conselleiro Conde para informar do desenvolvemento Galicia da estratexia europea RIS3, porque non ten en conta o contesto económico e sociolaboral

Reprochou a Feijóo que, durante os seus gobernos, o investimento en Innovación se reducira nun 30%

Recriminou a Conde que cun 25% de paro e cando a metade da mocidade universitaria procura emprego fóra fale vincule a competitividade de Galicia á innovación, cando investimos o 0,87% do PIB, a nivel de Turquía. “Si somos competitivos é porque baixou un 15% a masa salarial”, afirmou

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, recriminou ao conselleiro de Economía e Industria que, na súa comparecencia no Pleno para informar do desenvolvemento en Galicia da estratexia europea RIS3, que faltara á verdade dicindo que o incremento de investimento en I+D+i nos Orzamentos de 2014 é do 33%, cando, en realidade é do 9%.

Losada desmarcou ao PSdeG do “exercicio de publicidade e propaganda” que para os socialista representa o estudo hoxe defendido polo conselleiro de Economía. Censurou a desconexión do estudo do contexto económico social e laboral no que se desenvolve.

Neste sentido, recordou o 25% de paro rexistrado, o comportamento diferente do desemprego respecto a España coñecido hoxe, e que incrementa o paro en 2.600 persoas ou a filiación á Seguridade Social, que descendeu en 4.500 persoas, o que evidencia “desencanto e emigración”. A isto habería que sumar a caída do financiamento a empresas e ás persoas.

En definitiva, que a situación non é como publica o informe da consellería, que fala de perspectivas económicas incertas, senón que, para o socialista, se trata de “ameazas certas e moi negativas”.

Reprochou ao titular de Industria que, no período de Goberno Feijóo o investimento en I+D+i descendeu un 30%. “Pode estar orgulloso de que Galicia teña a mesma porcentaxe do PIB dedicada a innovación que Ucrania e Turquía”, co 0,87% do PIB.

O portavoz de Industria do GP Socialista explicou que “si somos competitivos non é polo I+D+i, senón porque baixou a masa salarial nun 15% neste país”. O deputado socialista afirmou “que non hai innovación se non hai investigación, financiamento e demanda, e non hai nin unha cousa nin outra” mentres baixa a masa salarial, as pensións se reducen e se rebaixan os salarios dos funcionarios.

O estudo no que se baseaba a intervención do conselleiro Conde, Diagnose de contexto e definición dunha estratexia rexional de especialización intelixente, garda grandes similitudes coa Avaliación do potencial do desenvolvemento endóxeno de Galicia, editado pola Xunta nos primeiros anos do Goberno Fraga. “Tiven unha sensación de déjà vu”, afirmou Losada, “non hai nada novo, agás a metalinguaxe para converter en novo o que xa había”. A especialización intelixente, afirma o deputado socialista, é “aproveitar os recursos endóxenos de Galicia”.

O parlamentario do PSdeG considera que o informe é “todo fume” e que non se pode falar de apostar en nanotecnoloxías e da fábrica virtual, porque a situación económica non sostén este tipo de afirmacións. Losada reprocha a “falta de solucións políticas” e denuncia que o Goberno “se refuxie inexplicablemente na metalinguaxe”.

Censurou o socialista que se teñan investido 43.000€ no documento esgrimido polo conselleiro. Xera desconfianza en Losada que Econet, a empresa que realizou o informe, a mesma empresa que fixera o informe ao anterior conselleiro e que está especializada en financiamento público e tramitación de axudas e subvencións a empresas. “Non vai a ser que faga a proposta e logo os proxectos para o financiamento das empresas” , dixo o parlamentario.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar