Abel Losada censura que Feijóo inaugure Galicia Emprende antes da aprobación da Lei de Emprendemento e critica a súa falta de respecto pola institución parlamentaria

Abel Losada censura que Feijóo inaugure Galicia Emprende antes da aprobación da Lei de Emprendemento e critica a súa falta de respecto pola institución parlamentaria

Abel Losada censura que Feijóo inaugure Galicia Emprende antes da aprobación da Lei de Emprendemento e critica a súa falta de respecto pola institución parlamentaria

Ao portavoz de Industria non lle estraña que neste marco de respecto ao Parlamento, o PP pretenda reducir deputados, “mesmo co Parlamento pechado estarían nunha posición máis cómoda para a súa acción de Goberno”, ironizou

Na defensa das emendas á Lei de Emprendemento en comisión, Losada denunciou a inflación de leis baleiras de contido e de orzamentos, que non serven para resolver o desemprego nin os problemas económicos

Reprocha ao Goberno Feijóo que fíe toda a recuperación e a creación de emprego á demanda exterior, por esta contrastado é unha medida insuficiente

O portavoz de Industria, Abel Losada, que defendeu en comisión as emendas parciais ó proxecto de lei de Emprendemento de Galicia, censurou o desleixo co Parlamento do Presidente Feijóo e do Partido Popular ao ter coñecemento que hoxe se presentou a Unidade Galicia Emprende, cuxa creación recolle o artigo oito da lei en trámite parlamentario.

Entende o deputado socialista que este é o marco de respecto pola Cámara do Goberno, no que se entende mellor o “interese de Feijóo por reducir deputados”, afirma Losada, que ironizou sobre a posibilidade do peche do Parlamento, o que proporcionaría “posicións máis cómodas para a acción de Goberno”.

Losada advertiu da “inflación” de leis na presente lexislatura, como se estas por si mesmas solucionaran os problemas do país. “Os problemas económicos non se solucionan con leis, baleiras de contido e sen contías orzamentarias”, recriminou Losada aos populares. Levamos a de Innovación, outra de Industria, que levou a liña ideolóxica clara de “desregular”, seguindo os criterios ideolóxicos do neoliberalismo imperante nos anos 80. “Camiñamos cara a selva”, advertiu respecto das pretensións populares debilitar o control da Administración.

Critica o portavoz de Industria que non se faga referencia ó financiamento, mais alá dun reetiquetado o que son “fondos decrecentes”. As leis que non teñen detrás un compromiso orzamentario serio son “papel mollado”, aseverou Losada.

Ao final, a conclusión desta “política metafórica do PP” nos leva, segundo o portavoz de Industria do Grupo Socialista, a 270.000 desempregados e a unha emigración de capital humano crecente, segundo os datos que se puideron coñecer recentemente.

“Para evitar isto tería que ser a lei de Empredemento”, recriminou Losada ao Goberno, ao que acusou de fiar todo ás exportacións “milagreiras”. Obxectivamente “hai un problema de demanda”, e a demanda exterior “non nos vai levar a solucionar un problema de 25% de taxa desemprego”, porque, defende Losada, non somo un país diferente aos da nosa contorna.

Respecto á fiscalidade, Losada critica que as políticas que leva a cabo o PP desde o Goberno central, desde a amnistía fiscal ao problema que ten agora na Axencia Tributaria, “non favorece a disciplina fiscal”. Se engadimos unha caída da recadación froito da caída da demanda, se produce a paradoxa de ter os tipos impositivos máis altos de Europa, a nivel de Dinamarca, e os niveis de recadación máis baixa, parecida a de Eslovaquia.

Finalmente referiuse Losada á cuestión Administrativa. Onte publicouse a lei de Unidade de Mercado, que pertence a esa batería de “políticas recentralizadoras que quita competencias ás comunidades autónomas e devólveas ó Estado” desde unha postura “asimétrica do ordeno e mando” que proporciona unha ampla maioría parlamentaria, pero que está a xerar mais problemas políticos ao funcionamento do Estado.

O socialista defendeu emendas para, en primeiro lugar, acotar o contido da lei ás PEMES, autónomos e empresas unipersoais merecerían un tratamento diferenciado e potenciar desde a Administración autonómica economías de escala. Losada propuxo que, sen rexeitar o financiamento privado, non se pode renunciar ao financiamento público, “neste momento o ICO perde potencia económica e en Galicia asistimos á rendición ante o BEI que leva a reducir os rozamentos do IGAPE, sen procurar novas vías de financiamento”, denunciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar