Abel Losada advirte que Feijoo e Rajoy “sempre fixeron o contrario do que dixeron”, polo que as propostas de apoio fiscal a empresarios “carecen de credibilidade”

Abel Losada advirte que Feijoo e Rajoy “sempre fixeron o contrario do que dixeron”, polo que as propostas de apoio fiscal a empresarios “carecen de credibilidade”

Abel Losada advirte que Feijoo e Rajoy “sempre fixeron o contrario do que dixeron”, polo que as propostas de apoio fiscal a empresarios “carecen de credibilidade”

O candidato socialista pola provincia de Pontevedra, Abel Losada, dixo que Feijóo e Rajoy “sempre fixeron o contrario do que dixeron”, polo que a súa proposta de apoio fiscal aos empresarios feita pública hoxe “carece de toda credibilidade”. Esixiu que “abandonen o márketing fiscal e comprendan dunha vez que cumpre acabar cos recortes para reactivar o consumo”.

Apuntou que a situación económica “precisa de apoiar aos compradores e non só aos vendedores” e sinalou que “baixar impostos supón reducir os ingresos públicos, e polo tanto mais recortes, recesión e paro e menos consumo, o que nos sitúa nun círculo infernal”. Dixo que Feijóo “demostra cada día que ou ben non entende nada das causas e posibles solucións á crise ou ben lle cega a ideoloxía”.

Engadiu que esta iniciativa procede dunha “ideoloxía ultraliberal desconectada da realidade”, xa que a actual crise é “de demanda” e quen precisa axuda é o comprador. Puntualizou que “por moito que apoiemos aos vendedores, se non hai quen compre non hai expectativas de negocio”, polo que chamou a “redistribuír as cargas impositivas, para que pague mais quen ten mais capacidade e axudar ás vítimas da crise”.

Losada explicou que “nos atopamos nunha crise de demanda, e polo tanto o imprescindible é reactivar o consumo”. Engadiu que “cos recortes aos que nos condenan Feijóo e Rajoy o único que se consigue é diminuír o consumo e reducir a actividade económica; para que os emprendedores invistan o elemento decisorio e fundamental son as expectativas de negocio e non o márketing fiscal do PP”.

Broma macabra

O responsable socialista cualificou de “broma macabra” que Feijóo plantexe a creación de microcréditos para emprendedores “logo de laminar a credibilidade do Igape como organismo de promoción económica.

Salientou o “descrédito” deste organismo cos seus directivos imputados, mentres dende a Xunta decidiron “cambiar a unha estrutura irracional con mais directivos que traballadores de base”, reduciron o seu orzamento á metade e acadaron unha execución orzamentaria “literalmente ridícula”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar