Abel Losada advirte a Feijóo de que “xa é hora de que conte alguna verdade aos galegos e galegas”

Abel Losada advirte a Feijóo de que “xa é hora de que conte alguna verdade aos galegos e galegas”

Abel Losada advirte a Feijóo de que “xa é hora de que conte alguna verdade aos galegos e galegas”

O cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Abel Losada, advirte ao Feijóo de que “xa é hora de que conte alguna verdade aos galegos e galegas” e esíxelle que explique a “axenda oculta” que teñen el e Rajoy para despois do día 21 de outubro. Na súa opinión, os plans dos que os populares non queren falar pasan pola redución de pensións e de prestacións de desemprego.
Losada insiste en que, unha vez máis, Feijóo e Rajoy volveron a amosar onte a “política baseada nas mentiras” que lles caracteriza cando dixeron que Galicia non pediu préstamos ao Estado. “Esqueceron”, segundo o socialista, “contarlle a todos os galegos e galegas que na nosa Comunidade o desemprego medrou o dobre que no resto de España”. “Esta situación económica, proseguiu, provoca máis desemprego e caída da actividade e económica e consumo “tal e como nos ratificaron esta mesma mañá os comerciantes de Bouzas”. Na súa opinión, é imprescindible cambiar a política do “sufrimento pola política do crecemento”. Invitou a Feijóo a abandonar “esa ideoloxía caduca de déficit 0 e levar adiante políticas de reactivación da economía e do emprego”.
Outro dos enganos do PP é, segundo Losada, o suposto contrato con Pemex. O socialista asegura que Galicia non se merece un presidente que antepón a súa imaxe ás necesidades dos cidadáns. “Non pode xogar coas expectativas dos milleiros dos desempregados do naval. Ten que demostrar aos galegos que non minte e amosar os contratos”, apuntou.
Tamén desmentiu Losada a afirmación do candidato do PP de que non usaba fondos públicos para facer campaña electoral, xa que “volve a mentir” porque Feijóo, tal e como saben xa todos os galegos, chegou ao aeroporto de Bos Aires nun coche da Embaixada nunha viaxe no que tiña como obxectivo buscar votos para o Partido Popular.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar