Abel Losada acusa ao goberno galego de provocar que Galicia “perda o tren da investigación e a innovación”

Abel Losada acusa ao goberno galego de provocar que Galicia “perda o tren da investigación e a innovación”

Abel Losada acusa ao goberno galego de provocar que Galicia “perda o tren da investigación e a innovación”

O deputado socialista salienta a caída do gasto en I+D en Galicia para 2012 coñecido hoxe e augura peores datos para 2013

Abel LosadaO deputado socialista Abel Losada acusou hoxe ao goberno galego de provocar que Galicia “perda o tren da investigación e a innovación” pola caída do gasto nas partidas de I+D coñecidas hoxe e que sitúan a esta comunidade autónoma cada vez mais lonxe da media estatal.

Losada dixo que a caída nestas partidas “condenan a Galicia á recesión e ao desemprego prolongado”, co agravante de que a investigación e a innovación esixen investimento sostido e prolongado, co que os recortes “nos condenan a moito tempo para recuperar a competitividade perdida”.

Sinalou que os datos coñecidos hoxe, polos que Galicia destinou en 2012 a I+D o 0,87 por cento do PIB, fronte ao 1,33 por cento da media estatal, agochan uns datos “previsiblemente peores” para 2013 polos novos recortes orzamentarios aplicados polo goberno galego.

Abel Losada acusou ao PP de manter unha estratexia “inconfesable” para provocar a devaluación interna para “competir internacionalmente pola vía da rebaixa salarial e non a través da innovación”. Subliñou que “os brindes ao sol das leis de emprendemento e os discursos publicitarios non teñen ningún futuro si carecen de I+D detrás, e lamentablemente o goberno de Feijóo perdeu esa vía”.

Losada dixo que o gasto en I+D de Galicia situou a esta Comunidade Autónoma na sexta posición pola cola, cun diferencial de 0,46 puntos por debaixo da media estatal, o maior do século.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar