Abel Losada acusa á Xunta de someter a Galicia a unha reconversión dramática comparable á dos anos 80 e case o dobre ca dos 90 en termos de desemprego

Abel Losada acusa á Xunta de someter a Galicia a unha reconversión dramática comparable á dos anos 80 e case o dobre ca dos 90 en termos de desemprego

Abel Losada acusa á Xunta de someter a Galicia a unha reconversión dramática comparable á dos anos 80 e case o dobre ca dos 90 en termos de desemprego

Abel Losada, na quenda de interpelacións, acusou ao Goberno de non ter estratexia de política económica e industrial

Advertiu dos riscos de apostar por competir vía salarios e tachou de propaganda o investimento anunciado en innovación

Recriminou a Conde unha xestión pouco eficiente ao non pasar do 40% a execución do Orzamento en dinamización económica e crecemento do emprego

ParadosO parlamentario socialista, Abel Losada, ven de denunciar que a estratexia do PP e do Goberno de Feijóo é a de competir vía salarios baixos, porque o PP leva no ADN, que, en termos de economía e industria é mellor non ter estratexia, “ou se a hai que sexa para favorecer aos amigos”.

O deputado socialista preguntou ao Conselleiro de Industria pola estratexia de política económica e industrial do Goberno, esixindo que expresara os obxectivos de carácter cuantitativo, elementos que xustifiquen si se alcanzaron os obxectivos políticos que o Goberno se propón, porque “o discurso aguanta todo”.

Recriminou a Conde que apelara na súa resposta ao realismo cando o seu Goberno fala de que Galicia é a comunidade máis solvente de España e que este Goberno fai máis con menos despois de triplicar a débeda. “Isto non é realismo, é unha asociación de propagandistas”, acusou Losada.

En propaganda teme que acabe a política de innovación e de impulso da actividade económica do Goberno, ao que acusa tamén de “xestión deficiente”, baseándose nos datos de execución das obrigas do Fondo para o Crecemento Económico de Galicia, que aparece no Informe Economico e Financeiro. Este sitúa a execución do capitulo de dinamización económica e crecemento do emprego nun nivel do 40%. “Voluntarismo pobre, situación económica dramática e unha xestión nefasta”, é a conclusión do deputado socialista respecto da política económica da Xunta.

Manifestou Losada a súa preocupación pola perda de peso da Industria en Galicia, maior que a media europea, onde se ten establecido dentro da Estratexia 2020 acadar o 20%.

O Índice de Produción Industrial, que en xullo foi positivo para Galicia e serviu para que se gabase del hoxe mesmo o Presidente Feijóo, coa perspectiva dos últimos catro anos (2009-2012) mostra unha realidade diferente. En España, o IPI baixou un 8,7% e en Galicia un 20,7%, “máis do dobre, incuestionable”, sentenciou Losada.

Isto se traslada ao emprego, advirte o deputado. Na anterior lexislatura e nesta, o PP está a someter a Galicia a unha “reconversión dramática para este país”, dixo Losada, que salientou que, en termos de perda de emprego, é tan dura como a dos anos 80 e moito máis dura, case o dobre que a da década dos 90.

Estamos a niveis de ocupación industrial, a que aporta unha maior estabilidade de emprego, do ano 96. Esta situación, “demostra que non hai estratexia”, denuncia Losada, “o fracaso é evidente”, sentenciou.

O parlamentario do PSdeG citou ao primeiro executivo da multinacional Carrefour, que declarou no Congreso da Empresa Familiar de Madrid que as clases medias en Europa están desaparecendo, porque teñen sido desgastadas en proveito das empresas e a súa desaparición é un hándicap para as grandes distribuidoras. O mesmo directivo recoñeceu que creran que ganaban moito rebaixando os salarios, pero resultou que eliminaran parte dos seus clientes.

Esta é “a mellor síntese do que acontece, non só na distribución senón na produción de bens de consumo”, dixo Losada para engadir que en termos de bens de investimento ou formación bruta de capital “a situación está absolutamente paralizada”.

Por iso ironizou sobre o “optimismo de Conde”, desexando que sexa “contaxioso”. Pero os datos en absoluto os lexitiman.

Criticou a aposta en innovación da Xunta, que, se ben se incrementou neste ano nos Orzamentos, leva soportado nos tres anos anteriores unhas caídas “brutais, maiores que o incremento deste ano”. Losada recordou a Conde que, para que a innovación se desenvolva e sexa rendible é preciso un ecosistema sociolaboral axeitado.

“Non é posible falar en serio de innovación cando temos taxas de desemprego do 27%, cando un de cada tres parados leva dous anos sen atopar traballo, a cobertura de desemprego baixou cinco puntos no último ano (37%, un de cada tres desempregados), e cando vemos como os empregados das categorías máis baixas entran cobrando un 15% menos no ano 2013”, afirmou Abel Losada. O socialista continuou co informe do Instituto da Empresa Familiar, que recolle que o consumo familiar está a niveis de 2003 e o investimento a niveis dos anos 80.

Considera que os argumentos do conselleiro e da Xunta son válidos nunha “sociedade dual”, pero se o que queremos é un crecemento económico que abranga ao conxunto dos grupos sociais en función da súa renda e da súa cualificación laboral é “unha aposta fracasada” porque non hai ningunha medida para incluír neste hipotético argumento da “luz ao final do túnel” de Montoro, ás persoas que quedaron fora do sistema produtivo nas fases máis duras da crise, “nin no Goberno de España nin no Goberno da Xunta”.

Das crises económicas “ou se sae xuntos ou non se sae”, aseverou Losada, “porque cando non se saíu xuntos os resultados históricos foron dramáticos”, recordou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar