Abel Losada: “A visita do presidente de México a España é unha magnífica ocasión para amosar os contratos de PEMEX”

Abel Losada: “A visita do presidente de México a España é unha magnífica ocasión para amosar os contratos de PEMEX”

Abel Losada: “A visita do presidente de México a España é unha magnífica ocasión para amosar os contratos de PEMEX”

O portavoz do Grupo Socialista no Parlamento e candidato do PSdeG-PSOE número 1 pola provincia de Pontevedra, Abel Losada, solicitou en Vigo ao presidente electo de México, Enrique Peña Nieto, que durante a visita a España que ten previsto iniciar o vindeiro luns, amose os contratos asinados entre PEMEX e as empresas estaleiras Navantia e Barreras.

Abel Losada fixo este chamamento despois de que estes documentos lle foran solicitados “por activa e por pasiva” ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, sen que se obtivesen resultados.

Para Abel Losada, a visita a España do vindeiro mandatario mexicano “constitúe unha magnífica ocasión para que dunha vez por todas se despexen as dúbidas existentes en torno aos contratos entre PEMEX e as estaleiras Navantia e Barreras que Feijoo non quere aclarar”.

O candidato número 1 de Pontevedra confía así en que a visita do próximo presidente mexicano a España serva para por fin á incertidume dos traballadores de Navantia e Barreras e as súas familias “que están a sufrir o ocultismo co que Feijoo manexa a existencia dos presuntos contratos con PEMEX”.

Losada lembra que é imprescindible que se fagan públicos os contratos “se é que existen” e que a visita do mandatario mexicano é “o momento oportuno despois dos meses de evasivas por parte de Feijoo”.

O candidato socialista tamén lembrou que o PSdeG-PSOE ten demandando tanto ao presidente da Xunta como aos responsables de SEPI que fixesen públicos estes contratos sen que ata o momento se teña producido tal cousa.

O Equipo para a Transición Gobernamental de México fixo público este sábado un comunicado que Feijoo utilizou como un presunto aval ao contrato subscrito entre PEMEX e as estaleiras galegas para a construción de dous floteis.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar