Abel Caballero chama aos vigueses a votar porque a cidade e a democracia "o reclaman"

Abel Caballero chama aos vigueses a votar porque a cidade e a democracia "o reclaman"

Abel Caballero chama aos vigueses a votar porque a cidade e a democracia "o reclaman"

O alcalde de Vigo e candidato á reelección polo PSdeG, Abel Caballero, fixo un chamamento á participación na xornada electoral e pediu aos vigueses que acudan ás urnas porque a cidade e a democracia "o reclaman".

O candidato socialista, que votou sobre as 9.30 horas no colexio electoral instalado na Lonxa do Concello, recordou que este domingo "se decide o futuro da cidade para os próximos catro anos e seguramente para moito máis". "É o momento de decidir que queremos facer con Vigo", reiterou.

Caballero acudiu á cita coas urnas acompañado da súa muller, Cristina, e de grande parte dos membros da súa candidatura ademais da deputada e ex ministra, Elena Espinosa, que votou na mesma mesa que o candidato, minutos despois.

Segundo explicou, tras exercer o seu dereito ao voto, almorzará na compaña da súa esposa e de parte do seu equipo, e se dedicará o resto do día a percorrer todos os colexios electorais da cidade, case 90. A candidatura socialista fará o seguimento dos resultados no Hotel Bahía da cidade olívica.

Europa Press

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar