Abandono do parque de Cotorredondo por parte do goberno galego

Abandono do parque de Cotorredondo por parte do goberno galego

Abandono do parque de Cotorredondo por parte do goberno galego

A deputada socialista María Pierres denunciou o abandono do Parque de Cotorredondo, que une as localidades de Marín e Vilaboa, por parte da Xunta de Galicia. A responsable socialista presentou hoxe unha pregunta oral en Comisión na que criticou o incumprimento do convenio para o mantemento do parque asinado coa Comunidade de Montes de Vilaboa.

Pierres acusou ao goberno galego de escudarse no carácter privado do espazo, para lembrar a continuación o compromiso acadado coa dita Comunidade de Montes que os obriga ata o ano 2031. Ademais, lamentou a decisión da Xunta de trasladar o Centro de Recuperación da Fauna Silvestre a Cotobade, que utilizan como subterfuxio para retirarlle toda a axuda a un espazo hoxe abandonado.

A responsable socialista lembrou os reiterados compromisos e convenios asinados polo goberno galego cos concellos que integran este parque, así como con diferentes colectivos sociais, o que non impediu o abandono do recurso. O enclave natural, dixo, amosa hoxe cercados derrubados, maleza, camiños intransitables, instalacións pechadas e abandonadas, sinalización deficiente e viais intransitables.

Lamentou a situación do maior parque de esparcemento da provincia, historicamente un centro de encontro e de desfrute da natureza, deriva do “ínfimo mantemento e investimento realizados nos últimos anos”. Ademais criticou o “agravio comparativo” coa marxe de Vilaboa da lagoa, por canto a parte de Marín recibiu uns novos asadoiros polos que a marxe de Vilaboa tivo que agardar ano e medio.

Por iso reclamoulle ao goberno galego que elabore un plan director que “analice as carencias actuais” do parque, dote de servizos e funcións ás edificacións e instalacións do parque. Urxe a “planificar no tempo as actuacións de rehabilitación, construción, limpeza, recuperación medioambiental e mantemento precisas”, dotando do orzamento preciso para o ano 2018 e seguintes.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar