Abandono nas políticas lingüísticas da Xunta

Abandono nas políticas lingüísticas da Xunta

Abandono nas políticas lingüísticas da Xunta

A portavoz de lingua do Grupo Socialista, Concepción Burgo, lamentou a falta de análise e diagnose dos problemas do idioma galego e a falta de solucións por parte do órgano responsable do Goberno. Na comparecencia do secretario xeral de Política Lingüística en Comisión, reclamoulle “política consciente e razoable” para impulsar o uso do galego.

Burgo reclamoulles en relación co Plan de Dinamización da Lingua Galega na Mocidade que “realicen unha análise do problema antes de lanzar solucións”, que cualificou coma “un simple organigrama e non políticas reais”. Esixiu unha “investigación seria” e unha “análise firme”, afirmando que o Goberno ten abandonados moitos aspectos da política lingüística en torno á mocidade e dixo que non encontra esa “dinamización do noso idioma”.

Por outro lado, alertou do descenso do 70 por cento no orzamento para a política lingüística. Tamén puxo como exemplo da falla de planificación do goberno galego elementos coma os cursos CELGA os cales, con moitas e moitos alumnos en lista de espera, “tiveron que ver como se anularon moitos deles e o PP non fixo nada para arranxalo”.

Do mesmo xeito, denunciou o incumprimento da normativa sobre a toponimia por parte de empresas privadas, como distintas televisións nacionais, e tamén institucións públicas, tales como administracións centrais como a facenda pública. Exemplificou que “a ninguén se lle ocorrería castelanizar un topónimo catalán” mentres que “na toponimia galega é o habitual”.

Rematou recalcando que “o problema do PP é que confunde o consenso con que se lle dea a razón” e acusou ó Secretario Xeral de Política Lingüística de “facer trampas ó solitario” . Hai elementos da súa política cos que non estamos de acordo e remarcou que quen rompeu o consenso foi o propio Partido Popular, polo tanto “non nos dea leccións de que nos non queremos consenso”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar