Abandono dos gobernos galego e central aos traballadores de Alcoa e Megasa

Abandono dos gobernos galego e central aos traballadores de Alcoa e Megasa

Abandono dos gobernos galego e central aos traballadores de Alcoa e Megasa

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe o abandono por parte dos gobernos galego e central aos traballadores de Alcoa e Megasa ao negarse a garantir a continuidade das empresas en Galicia. Así o dixo na sesión de control ao goberno, na que preguntoulle ao conselleiro de Industria polo incumprimento dos acordos parlamentarios neste sentido.

Méndez Romeu criticou o desleixo do goberno galego á hora de modificar o marco retributivo da enerxía, o que leva ás grandes empresas galegas e do resto de España “á desaparición por falta de competitividade”. Criticou a “grande insensibilidade” do goberno central e a “hostilidade” do PP ao rexeitar hoxe no Senado unha moción socialista para garantir un prezo da electricidade competitivo que garanta a continuidade das empresas.

Acusou ao goberno galego de seguir a mesma estratexia ao desoír a resolución socialista aprobada no Parlamento de Galicia o 13 de abril de 2012 para reclamarlle ao goberno un prezo competitivo e unha duración dos contratos suficiente para desenvolver os plans industriais de investimentos. Tamén reclamaba o mantemento da interrumpibilidade e a posta en valor do peso estratéxico das plantas industriais en Galicia.

A xestión do goberno central, respaldada pola Xunta, supuxo a modificación da Lei do sector eléctrico sen dr solución a estes problemas. Lonxe disto, explicou, o Ministerio de Industria igualou a empresas cun peso distinto da electricidade na súa conta de resultados ou na produción de valor engadido, co que “non hai un prezo único, cada empresa depende do seu produto ou do peso da enerxía para ser competitiva”.

A conclusión é que as empresas grandes consumidoras de enerxía deixan de ser rendibles e fican abocadas á desaparición. É o caso, explicou, de Alcoa, que anuncia o peche da factoría de A Coruña e mantén San Cibrao “en situación crítica”, Megasa comunica unha importante redución de emprego en Narón, así como Ferroatlántica ou Megasa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar