Abandono do Centro Gallego de Bos Aires por parte da Xunta

Abandono do Centro Gallego de Bos Aires por parte da Xunta

Abandono do Centro Gallego de Bos Aires por parte da Xunta

A parlamentaria socialista Marisol Soneira ven de presentar na Cámara autonómica unha interpelación diante do “abandono” do Centro Galego de Bos Aires por parte da Xunta dende a chegada de Feijóo ao goberno galego. Soneira sinala que o “aillamento” do centro por parte do goberno galego culminou coa súa intervención polo goberno arxentino a finais de outubro.

Soneira esíxelle á Xunta que explique na Cámara autonómica que presente “as xestións, se as houbo, da Xunta de Galicia para conseguir que o Centro continuase nas mans dos seus lexítimos propietarios e se buscasen fórmulas de viabilidade económica a corto, medio e longo prazo”.

A parlamentaria socialista advirte que, lonxe de axudar á xestión dun centro emblemático con 105 anos de historia, Feijóo “ten provocado a súa situación crítica”, xa que “en lugar de tender pontes e buscar saídas ás dificultades financeiras do centro, sentenciouno aillando aos seus lexítimos responsables”.

A responsable socialista dixo que a Xunta de Galicia ten “asfixiado deliberadamente ao Centro para provocar o seu colapso” logo dunhas eleccións internas nas que perdeu a candidatura auspiciada polo PP, que “mesmo presentaba o retrato do presidente da Xunta como aval”. Dixo que “no momento en que esta candidatura foi derrotada a Xunta deulle as costas e negouse durante seis meses a manter contactos coas autoridades”.

Soneira lamentou a actitude amosada polo para un centro con 105 anos de historia, que é o lugar onde faleceu o histórico galeguista Castelao, e que a Xunta, “en lugar de tender pontes coas autoridades arxentinas responsables da saúde, cultivaron con ostentación a relación coa oposición interna á administración de Kirchner”.

Reclámalle ao goberno galego que explique as xestións realizadas “para a salvagarda e conservación do patrimonio do centro”, así como as xestións que teñan iniciado para que a intervención “sexa só temporal e, mais pronto que tarde, os destinos do Centro Galego sexan rexidos polos seus socios”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar