Abandono da Xunta aos gandeiros afectados pola fauna salvaxe

Abandono da Xunta aos gandeiros afectados pola fauna salvaxe

Abandono da Xunta aos gandeiros afectados pola fauna salvaxe

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, criticou a “impasividade e abandono” do goberno galego aos gandeiros afectados pola fauna salvaxe. No debate dunha pregunta oral na Comisión de Agricultura, o deputado socialista denunciou a “supresión das indemnizacións”, que pasaron dun total orzamentado de 900.000 euros en 2009 aos 106.000 euros de 2014.

O responsable socialista sinalou que ditas contías, para indemnizar aos gandeiros polas en torno a 1.500 reses sacrificadas polas alimañas ao longo do ano resulta en torno a “60 ou 70 euros” por cada animal, cun retraso de dous anos para percibir as ditas axudas. Acusou ao goberno de buscar a diminución drástica das denuncias e solicitudes de indemnización “pola vía da súa supresión”.

Ademais, acusou ao goberno galego de provocar un “debate perverso” entre a persistencia dos gandeiros e agricultores e a existencia de fauna salvaxe que “en realidade non debera darse”. Lembrou as experiencias doutras comunidades autónomas nas que as dúas vías resultan perfectamente compatibles establecendo medios para a alimentación do lobo que pare os ataques e medidas disuasorias contra os xabarís.

Desbotou ademais os anuncios do goberno galego para a autorización de batidas de caza logo dos danos, xa que “ao gandeiro ao que o xabaril tenlle desbotado 3 hectáreas de millo pouco lle importa que autoricen unha batida cando lle din ao tempo que ten que fastidiarse e dar por perdido o cereal”.

Reclamou a elaboración e posta en marcha dun verdadeiro plan de actuación para a fauna salvaxe que garanta que os gandeiros “deixen de ser os paganinis” destes danos, e lamentou que a Xunta “intente resolver tódolos problemas a base de DOG e de decretos insuficientes”.

Criticou a resposta dada pola Xunta de Galicia na Comisión onde a Directora Xeral de Protección da Natureza manifestou que se estaba a elaborar un plan de xestión da Fauna Salvaxe e que se estaba contando con todos os axentes.

Pablo García neste sentido criticou que para darse conta de que había que facer un plan tardaron 5 anos, e pediu en todo caso, que coincidindo con que había que elaborar dito plan para abordar este problema dende a disuasión e a prevención, “mentres tanto se lle paguen as indemnizacións ós gandeiros”.

Criticou que as medidas postas en marcha polo goberno galego resultan “inadecuadas” por canto xeneralizan a mesma xestión do problema para todo o territorio galego, cando “non é o mesmo a Fonsagrada, que quere ter xabarís, que Silleda que o que ten maioritariamente é gandeiros”.
Do mesmo xeito pediu datos referidos a censos aproximados no que respecta ó lobo e o xabaril sen que a Directora Xeral os facilitara en ningún momento e, tal como el manifestou na réplica, para “atallar un problema o primeiro sería ter unha avaliación da situación”, cousa que a Consellería neste momento non ten.

Explotacións alta montaña

Tamén acusou hoxe ao PP e ao goberno galego de ter abandonado ás explotacións gandeiras autóctonas das zonas de montaña. Así o dixo no debate dunha iniciativa na Comisión de Agricultura para restablecer as axudas para estes gandeiros, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de terse comprometido cos gandeiros a conceder unha axudas que, unha vez que as explotacións cumpren con tódolos requisitos, son denegadas por falta de fondos. Con esta resposta, o goberno galego pon en serio risco as explotacións, ás que lles impide acceder a uns fondos financiados pola UE no 70 por cento.

Explicou que estas axudas supoñen o 40 por cento do presuposto destas explotacións e “a diferenza entre a viabilidade e a quebra dunha gandeiría que doutro xeito resulta inviable”.

García reclamoulle ao goberno galego “claridade e honestidade” para explicar claramente “as contías e as explotacións” que se verían beneficiadas por estas axudas durante un período de entre cinco e sete anos. Deste xeito permitirían aos responsables planificar a súa actividade a medio prazo, evitando “o que fixeron vostedes, que cando os gandeiros cumpriron cos requisitos comezaron a denegar as axudas”.

Criticou que no borrador do PDR non haxa un subprograma específico para este tipo de explotacións“sen priorizar, dicindo que atenderán a tódalas peticións para despois discriminalas”. Explicou que esta decisión constitúe unha sorte de engano xa que o non ser unha liña escecífica e clara correno risco de denegarse como fixeron nestes anos.

Para o PSdeG-PSOE esta debería ser a liña fundamental de loitra contra o lume, a través da prevención e con unha prevención activa contando cos gandeiros e cos habitantes do medio rural, sen embargo o PP “prefire contratar a empresas privadas para despois apagar os lumes, algo que sae moito máis caro”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar