Abandono absoluto do minicriadoiro de O Vicedo

Abandono absoluto do minicriadoiro de O Vicedo

Abandono absoluto do minicriadoiro de O Vicedo

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, denunciou hoxe o “absoluto abandono e desinterese” amosado polo Goberno galego ao minicriadoiro de bivalvos de O Vicedo. Val presentou unha pregunta na Comisión de Pesca polo precario estado dunhas instalacións nas que “non hai absolutamente nada”.

Criticou que o goberno galego teña encargado a xestión deste recurso ao capataz da Confraría de Celeiro e ao biólogo da Confraría de O Vicedo, que “o único que fan é ir a un pantalán a levantar unha corda na que está adherida a semente” e entregárllela “a unha confraría ou a outra”.

Lembrou que as instalacións foron postas en marcha en 2003 cun investimento de 200.000 euros “supostamente co obxectivo de investigación e surtir de semente ás confrarías de A Mariña e Ortegal.

Val lamentou que a situación deste minicriadoiro constitúe “o mellor exemplo da nula aposta do goberno galego polo sector marisqueiro de Galicia, que leva anos vivindo unha situación preocupante”. Sinalou que o goberno galego ten deixado “meridianamente claro” que “non pretenden apostar a curto prazo por as instalacións” de cultivo de bivalvos.

O parlamentario socialista amosou o seu “asombro” pola resposta do goberno galego, que hoxe asegurou que estas instalacións “non foran concibidas para surtir de semente de moluscos bivalvos” ás confrarías galegas. Sinalou que no próximo Pleno do Parlamento o propio PP vai levar unha proposta para “reactivar a produción de semente de moluscos bivalvos, co que “demostran que ou ben non saben ou tentan enganar á xente”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar