A Xutna faille un "traxe a medida" á empresa concesionaria da Mina de Corcoesto

A Xutna faille un "traxe a medida" á empresa concesionaria da Mina de Corcoesto

A Xutna faille un "traxe a medida" á empresa concesionaria da Mina de Corcoesto

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou á Xunta de facerlle un “traxe á medida” da empresa concesionaria da Mina de Corcoesto. Vilán reclamoulle ao goberno galego as solicitudes á empresa adxudicataria para que acredite a solvencia do 25 por cento de fondos propios e a documentación aportada para acreditar a súa capacidade técnica.

A parlamentaria socialista sinala que tanto as declaracións da Xunta, o parlamentario do PP en Carballo, como da propia empresa confirman que a suposta esixencia de garantías é en realidade un “amaño” para cumprir coas condicións. Vilán amosou a súa “cautela” diante do anuncio do goberno galego no mes de xullo e esixiu garantías do cumprimento das condicións por parte da empresa.

Lembrou que o goberno galego ten que cumprir a iniciativa socialista aprobada no Parlamento no mes de marzo na que lle reclamaban que obrigara á empresa concesionaria garantía financeira e responsabilidade medioambiental suficiente.

Patricia Vilán reclamoulle así ao goberno galego que remita a copia completa das solicitudes á empresa polas que debe acreditar unha solvencia mínima do 25 por cento de fondos propios sobre o investimento do proxecto e un compromiso en firme do resto do financiamento. Ademais esixiu a copia da documentación aportada pola empresa para acreditar a súa capacidade técnica para desenvolver o proxecto.

A parlamentaria socialista amosou as súas dúbidas sobre a capacidade da empresa, como “Sociedade Limitada”, para asumir as responsabilidades derivadas un posible dano medioambiental, así como da recuperación da zona no momento de remate da explotación.

Finalmente, reclamoulle ao Valedor que informe sobre o estado do expediente relativo á mina de Corcoesto derivado da queixa presentada polos socialistas galegos o pasado 16 de maio. Lembrou que o Valedor ten comunicado que foi encargado unha peritaxe dirimente á USC e que as conclusións serían presentadas “tan pronto como fose posible”.

Rías galegas

A parlamentaria socialista mantivo unha xuntanza cos coordinadores de medio ambiente das executivas provinciais do PSdeG na que trataron a situación da mina de Corcoesto e tamén a paralización do informe da UE sobre a situación das rías galegas de Vigo, Ferrol e O Burgo. Vilán considerou “pouco efectivo” que a Comisión de Peticións consulte sobre o procedemento xurídico “cinco meses despois da visita dos delegados da UE a Galicia”.

Vilán anunciou que presentará no Pleno do Parlamento unha interpelación ao goberno galego para que presente os requerimentos que lle fixo a UE sobre a situación das rías galegas, as explicacións ofrecidas pola Xunta e polo contido dun decreto anunciado polo conselleiro de Medio Ambiente para xestionar os lodos das depuradoras nas tres rías afectadas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar