A Xunta emprega o conflito dos horarios de ensino como "cortiña de fume" para agochar os recortes

A Xunta emprega o conflito dos horarios de ensino como "cortiña de fume" para agochar os recortes

A Xunta emprega o conflito dos horarios de ensino como "cortiña de fume" para agochar os recortes

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, acusou á Xunta de empregar o conflito dos horarios de ensino como unha “cortiña de fume” para agochar os recortes orzamentarios e de mestres na escola pública. Así o dixo na comparecencia do director xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a reorganización horaria en Comisión Parlamentaria.

Meijón criticou que o conselleiro de Educación “non se atreva a comparecer no Parlamento” polo “inicio de curso mais conflitivo que se recorda”. Explicou que os mestres “non se manifestan só por dúas horas semanais, senón porque son conscientes da pretensión do goberno da Xunta de Galicia de aproveitar a crise para provocar cambios irreversibles no Estado do Benestar, facendo da escola pública un ensino de beneficencia e primar a privada e concertada”.

Dixo que mentres o PP reduciu 215 millóns de euros do orzamento do sistema educativo público “non toca unha peseta do ensino concertado” e intentan “salvar a cara dicindo que queren aumentar a docencia en 60.000 horas semanais”. A realidade, engadiu, é que “suprimen da docencia 60.000 horas semanais de atención a rapaces con problemas, atención a bibliotecas, desdobres, ensino das TICs, para preparar clases, para titorías, etc, etc.”.

Esixiu á Xunta que explique “para qué non vai haber estas 60.000 horas” e de onde van sacar as horas de preparación da atención especializada, mentres “suprimen o apoio aos directivos e reducen drasticamente os profesores especialistas en atención á diversidade”.

O parlamentario socialista denunciou que o modelo de Feijóo coincide co de Cospedal e Rajoy á hora de recortar o ensino público. Advertiu que as xubilacións anticipadas e ordinarias suporán, tendo en conta as prazas ofertadas na OPE, 629 docentes menos no ensino infantil e primario e 451 docentes menos para secundaria.

Estes recortes de profesorado obrigarían a contratar un total de 1.231 docentes interinos no curso 2011-12, tan só para igualar a plantilla do curso anterior, mentres o conselleiro “tan só está a falar de 27 interinos máis contratados”. Retou ao director xeral a entregar as fichas reais de unidades e docentes reais nos distintos centros públicos den de o curso 2008-09 de cada centro educativo.

Comedores e transporte

Guillermo Meijón criticou que a Xunta teña emitido neste verán unha “instrución miserable” na que din que “cando un rapaz retrasa cinco días o pago aos comedores din que teñen que botalos fóra”, o que “contrasta cos retrasos da propia Consellería de Educación no pago aos seus provedores”.

Mentres, o presidente do Comité Galego de Transportes fala de copago e de duplicar o tempo que os rapaces pasan nos autobuses. Dixo que isto “non pode entenderse como casual e seguramente responde a intereses da Consellería de Educación que podería pretender cambiar a lexislación e cobrar o servizo de transporte, para así igualar este servizo coa concertada”.

Ensinanza Concertada.

Advertiu tamén que, en contraste cos recortes no sistema educativo público, a Consellería de Educación prima o ensino concertado, como o caso do Colexio Miraflores de Pereiro de Aguiar, que ven de empezar o concerto cando “matricula só a unha certa ideoloxía ultrarrelixiosa e discrimina por sexo”. A cambio, nega o acondicionamento e ampliación co centro público Ben-Cho-Sey, do mesmo Concello, que si matricula ao alumnado da zona.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar