A Xunta xúntase cos maiores piratas do país para impulsar a industrialización do leite

A Xunta xúntase cos maiores piratas do país para impulsar a industrialización do leite

A Xunta xúntase cos maiores piratas do país para impulsar a industrialización do leite

vacasO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, acusou hoxe ao Goberno galego de escoller aos “maiores piratas do país” para impulsar os seus poucos proxectos de industrialización do leite. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Agricultura na que lamentou a falla de impulso do goberno galego e o incumprimento dos compromisos de Feijóo.

O responsable socialista lembrou o exemplo de Alimentos Lácteos, que foi “montada” polo goberno galego para “eliminar un proxecto onde estaba todo o mundo para montar un con só a xente de Feijóo e Romay Beccaría”, e que rematou cao desaparición da industria.

Utilizou este símil para advertir que un dos poucos proxectos impulsados pola Xunta a través de Xesgalicia contaban precisamente cun empresario que ao tempo que en maio deste ano asinaba co goberno galego adebedaba “meses” de pago do leite aos gandeiros e dous meses despois entraba en concurso de acredores. Estes son, dixo, os precedentes do goberno galego “cos maiores piratas” que, subliñou, “dan medo”.

Pablo García advertiu do incumprimento das reiteradas promesas de Feijóo para impulsar a industrialización do leite galego, por canto mentres “enredaba” con Alimentos Lácteos, a UE distribuía 5.500 millóns de euros para 190 proxectos en dous anos, dos cales o 3,5 por cento recaían en España e o “cero por cento” en Galicia.

Recomendoulle aos responsables da Consellería de Medio Rural que “non lle fagan demasiado caso ao presidente da Xunta”, que xa confirmou en sete intervencións diferentes o seu compromiso con estes proxectos, “sen que ata o momento teñamos visto nin o primeiro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar