A Xunta xoga coas expectativas dos dependentes ao anunciar atención para 10.000 máis e orzamentar só para 3.400

A Xunta xoga coas expectativas dos dependentes ao anunciar atención para 10.000 máis e orzamentar só para 3.400

A Xunta xoga coas expectativas dos dependentes ao anunciar atención para 10.000 máis e orzamentar só para 3.400

Carmen GallegoA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, cualificou hoxe de “indigno” que o goberno galego “xogue coas expectativas dos dependentes”. Así o dixo na comparecencia do novo conselleiro de Política Social para presentar os orzamentos para o próximo ano, no que “contra a contumaz afirmación de que destinan o 80 por cento do orzamento a gasto social, a realidade é que dedican 5 puntos menos a gasto social que en 2009”. Gallego criticou unhas contas “canto menos fantasiosas” a costa das necesidades dos dependentes, xa que, dixo, mentres anuncian que atenderán a 10.000 dependentes mais, só orzamentan as partidas imprescindibles para atender a 3.400. Lembrou que mentres o goberno galego prevía atender a 40.335 persoas en 2015, ata o momento atenden a 39.712 con 298,4 millóns, e para o próximo ano prevén 48.370 persoas atendidas con 324,2 millóns de euros. Sen embargo, co incremento de apenas 25 millóns de euros, e coas ratios de axuda por persoa mais baixas, só se poderían atender a 3.400 persoas mais. Gallego criticou que os dramáticos recortes aplicados polo goberno galego na súa intención de derrogar “pola vía dos feitos” a Lei de Dependencia levou a que “dende que gobernan xa morreran máis de 8.000 persoas sen chegar a percibir as prestacións que tiñan recoñecidas”. Orzamentos irreais Acusou ao goberno galego de “pintar uns orzamentos irreais”, cun orzamento “inflado artificialmente con contradicións evidentes entre a memoria de obxectivos e os números e anuncios dun conselleiro que xoga coa desesperación da xente”. Sinalou como exemplo que “a pesares de toda a propaganda, hoxe destinan pra protección e promoción social 150 millóns de euros menos que en 2009”. Acusounos de reducir o número de beneficiarios da Risga, dende os 10.500 de 2015 aos 9.900 previstos

para o próximo 2016, co que “non chegan nin ao 30 por cento das persoas se recursos que hai en Galicia”. apuntou que hoxe hai máis de 645.000 galegos e galegas en risco de pobreza ou exclusión, mentres a pobreza severa aumentou en 3 puntos nos últimos 2 anos. A Xunta diminúe, con relación a 2009, un 60 por cento os servizos relativos ás migracións, un 40 por cento na atención a maiores con discapacidade e un 88 por cento menos nos programas de solidariedade. Xuventude Criticou a falla de apoio a mozos e mozas, especialmente aos traballadores novos, xa que mentres o 61,9 por cento dos menores de 29 anos están desempregados, o 63 por cento dos poucos que traballan teñen contratos temporais. Mentres, o orzamento da Dirección Xeral de Xuventude é “ridículo e inútil”, cun 27 por cento menos dende 2009 “que só serve para organizar saraos diversos a beneficio dos amiguetes do PP”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar