A Xunta "vulnera" o dereito á educación e "abdica" das súas obrigas coa lingua, segundo o TSXG

A Xunta "vulnera" o dereito á educación e "abdica" das súas obrigas coa lingua, segundo o TSXG

A Xunta "vulnera" o dereito á educación e "abdica" das súas obrigas coa lingua, segundo o TSXG

O portavoz de Lingua e Cultura do Grupo Socialista, Francisco Caamaño, recordou hoxe que Feijóo “vulnera o dereito á educación” e “abdica” da súa responsabilidade coa lingua, segundo afirma a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o decreto do Plurilingüismo. Así o dixo no debate dunha Interpelación sobre este decreto no Pleno do Parlamento de hoxe.

O responsable socialista esgrimiu hoxe a sentenza do Tribunal para salientar a “contradición maiúscula” de Feijóo e o conselleiro de Educación ao responder que a sentenza “consolida a política lingüística da Xunta” para acto seguido ameazar con recorrela fronte ao Tribunal Supremo. Caamaño esixiulle ao goberno galego que explique si formalizará este recurso antes do remate do prazo, este mesmo venres.

Caamaño considera que “non hai nada mais grave que dicirlle a un goberno que abdica das súas responsabilidades”. Dixo así que “non é certo que na sentenza saian tan ben parados” xa que, como afirma o tribunal, “vulneraron o dereito fundamental á educación e abdicaron da súa competencia e responsabilidade como administración pública e goberno de tódolos galegos e galegas”.

Cualificou de “sorprendente” que o goberno galego “en troques de intentar sacar á lingua dos xulgados e buscar a concordia e o diálogo presentan un recurso contra unha sentenza que din que lles é favorable”. Criticou que, en lugar de buscar o acordo, o presidente da Xunta teña ameazado con levar a lingua aos tribunais si a oposición non admite o decreto, condenando ao galego a estar 4 anos nos tribunais.

Denunciou que pola xestión de Feijóo “o que nos ten que unir está nos tribunais porque un goberno empeñouse en sacar adiante o decreto en contra do Consello Escolar, en contra do Consello da Cultura de Galicia, en contra do Consello Consultivo e en contra de toda a sociedade non por gobernar senón por mandar”.

O parlamentario socialista recoñeceulle ao goberno de Feijóo o “mérito” de ser o primeiro en toda a historia da autonomía de Galicia que ten levado a lingua galega aos tribunais de xustiza, convertendo o que é natural nun conflito.

Lei Wert

Caamaño apuntou que “a mellor proba da liña da política lingüística deste goberno a tivemos o día que escoitamos a Feijóo amosarse contento por que o modelo lingüístico de Galicia se exportara a toda España”. Puntualizou que “hoxe vemos as consecuencias nunha Lei Wert na que as linguas cooficiais non aparecen nas materias troncais”.

Dixo que “si apoiamos a Lei Wert o noso modelo educativo parecerase ao daquelas comunidades autónomas nas que non hai linguas cooficiais”, e apuntou que o goberno galego “ten a obriga de defender, manter e respectar un patrimonio noso e de toda España”, como é a lingua galega.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar