A Xunta viaxa a paraísos tropicais e ao Golfo de México mentres os emigrantes galegos fican abandonados

A Xunta viaxa a paraísos tropicais e ao Golfo de México mentres os emigrantes galegos fican abandonados

A Xunta viaxa a paraísos tropicais e ao Golfo de México mentres os emigrantes galegos fican abandonados

Marisol Soneira reclamou a comparecencia do presidente da Xunta e do secretario xeral de Emigración para dar conta do fracaso das súas políticas para a diáspora.

Acusa ao PP de “premiar aos grandes defraudadores fiscais” mentres “persegue aos pensionistas emigrantes retornados”.

A portavoz de Emigración do Grupo Socialista, Marisol Soneira, criticou que o Goberno galego, con Feijóo á cabeza, limite a política exterior a “viaxar ao Golfo de México e a paraísos tropicais” mentres “os nosos emigrantes fican abandonados” á súa sorte. Reclamou hoxe a comparecencia de Feijóo e do responsable de Emigración do goberno para dar conta do “fiasco” da súa xestión.

Denunciou que o goberno galego teña situado “na irrelevancia” os orzamentos da emigración, reducidos nun 61 por cento dende 2009, e o presidente da Xunta e os membros do Goberno galego utilizan os encontros cos emigrantes “como recheo de axendas inexistentes e carentes de obxectivos, con actos anacrónicos con cheiro a naftalina”.

Criticou así que a axenda exterior do goberno galego se limite a “estupendas viaxes periódicas de quince días a Brasil” da conselleira de Traballo e Benestar e do vicepresidente da Xunta en temporada alta “disfrazados de visitas institucionais”.

A responsable socialista presentou unha batería de iniciativas parlamentarias sobre a falla de política de emigración “nun país onde o 20 por cento da súa poboación vive fora”. Dixo que a reforma da Loreg, coa implantación do voto rogado, “provocou que o voto emigrante sexa irrelevante, e polo tanto deixou de ter interese para a Xunta e para un PP para o que se non votas non existes”.

Sinalou que xa que o voto emigrante reduciuse a apenas un 3 por cento nas últimas eleccións europeas, Feijóo pasou de prometer a tarxeta do Sergas a todo galego emigrado a “tratalos como inmigrantes e negarlles o dereito á sanidade pública”. Esta é a realidade, explicou, dun goberno galego sen proxecto, estratexia nin políticas que vinculen aos descendentes da emigración nun proxecto común con Galicia”.

Acusou a Feijóo de “desprezar o potencial económico e social da emigración galega” cun obxectivo común en defensa dos intereses de Galicia. Puxo como exemplo “o intento de Feijóo de acadar investimentos para NGB na emigración de México”, que remataron coa venda da entidade a un axente de Venezuela nunha iniciativa absolutamente allea ao goberno galego.

Criticou que xestione as relacións internacionais do goberno galego dirixido polo “sectarismo segundo a cor política de quen goberne”, e lembrou así o desprezo a Venezuela, e o seu empeño en reunirse tan só coa oposición arxentina, obviando o goberno que “é quen finalmente toma as decisións”, mentres se limitan a acudir a México, o seu “amigo para todo”.

Emigrantes retornados

A responsable socialista denunciou que a emigración “non existe para o goberno galego salvo para discriminalos e perseguilos coma se foran delincuentes fiscais”. Así o dixo logo do anuncio do goberno de que devolverá as multas e recargos aos retornados ao longo de 2015, mentres renuncia a regularizar legalmente a súa situación.

Sinala que a decisión do executivo constitúe unha “medida electoralista que non responde ao problema de fondo” da obriga a declarar aos que reciben rendas de dous pagadores aínda que a súa renda total sexa inferior ao mínimo obrigatorio para declarar.

Esta resposta resulta “discriminatoria para os emigrantes retornados”, que teñen que regularizar o cen por cen as pensións dos últimos cinco anos, o que “nin de lonxe se achega á amnistía fiscal deseñada á medida dos grandes defraudadores fiscais, ladróns e criminais, algúns deles vinculados ao PP e ao seu financiamento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar