A Xunta veta a creación dunha sección de inglés da Escola Oficial de Idiomas no IES Lama das Quendas de Chantada

A Xunta veta a creación dunha sección de inglés da Escola Oficial de Idiomas no IES Lama das Quendas de Chantada

A Xunta veta a creación dunha sección de inglés da Escola Oficial de Idiomas no IES Lama das Quendas de Chantada

Vicente DocasarO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, reclamoulle hoxe ao goberno galego que habilite dunha vez por todas unha sección de inglés da Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos no IES Lama das Quendas de Chantada. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Educación para que a Xunta atenda a esta petición “unánime, xusta, razoada e moi económica”. Docasar lembrou que a proposta está respaldada polas corporacións municipais de Chantada, Taboada e Carballedo por unanimidade, así como por toda a comunidade educativa, sendo aprobada practicamente por unanimidade no claustro de profesores e no Consello Escolar, ademais de contar cun informe favorable da propia inspección educativa. Esta é a cuarta ocasión na que o deputado socialista leva ao Parlamento esta iniciativa que contaría a día de hoxe cuns 165 usuarios, e que ofrecería unha solución “xusta e con moi pouco custe” para mellorar a formación de moitos potenciais estudantes das comarcas de Chantada e da Ulloa. Reclamoulle ao goberno galgo que atenda esta petición e “abandone a

prepotencia” que os levou a pasar de 3.000 votos en 2007 a 774 o pasado 24 de maio nesta vila lucense. Cursiños nos Peares O deputado socialista criticou que “son capaces de gastar un millón de euros para que un centro privado dea cursiños de inglés nos Peares, pero son insensibles a destinar unha mínima cantidade para os veciños de Chantada e A Ulloa”. Lembrou que, malia que existen escolas oficiais de idiomas en Monforte, Lugo e Lalín, trátase dunha zona “mal comunicada que obriga a recorrer ao vehículo particular”, xa que non existen medios públicos de transporte, para percorrer unhas distancias “que non son menores, e polo tanto o custe económico non é tampouco menor”, e fundamentalmente para persoas paradas que non contan con medios económicos. Vicente Docasar rematou a súa intervención pedindo que atendan esta demanda que os socialistas facemos en sede parlamentaria por cuarta vez, e que poñan en marcha unha sección de inglés no IES Lama das Quendas de Chantada ao inicio do curso 2015-2016, pois se non o fan vostedes agora, farémolo nós no curso seguinte cando Besteiro sexa o Presidente da Xunta de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar