A Xunta utiliza recursos públicos para beneficiar a "familias prominentes"

A Xunta utiliza recursos públicos para beneficiar a "familias prominentes"

A Xunta utiliza recursos públicos para beneficiar a “familias prominentes”

A responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Marisol Soneira, acusou hoxe ao PP e ao goberno galego de utilizar recursos públicos para favorecer a “familias prominentes”. Así o dixo no debate da solicitude dunha Comisión de Investigación para estudar as irregularidades detectadas polo Consello de Contas na concesión de axudas á Fundación Fesán, rexeitada polo PP.

Soneira criticou a presunta utilización de “contactos e financiamento público” para dirixilos a “xente relacionada co poder para facer unha suposta política social”. Instou ao conselleiro de Presidencia a iniciar “de oficio” unha investigación sobre as ditas irregularidades nas axudas concedidas de forma transversal por tódolos departamentos do goberno galego, e que entre 2009 e 2013 sumaban 8,1 millóns de euros.

A deputada socialista puntualizou que o goberno galego “ten recursos suficientes para investigar” as axudas concedidas a un ente “creado por altos cargos dos gobernos de Aznar e Fraga”, acredora de gran número de contratos concedidos polo goberno galego a través do proceso negociado sen publicidade.

Ademais, sinalou as irregularidades denunciadas polos afectados, que van dende inspeccións que “non son iguais” que nos cursos impartidos por outras empresas e que teñen suscitado queixas formais dos inspectores ata traballadores dos centros sociais invitados a participar como alumnos coa chegada das inspeccións.

Apuntou tamén á dubidosa homologación, por parte da Consellería de Educación, de títulos impartidos pola Fundación correspondentes a ciclos superiores de FP en especialidades que requiren equipamento altamente especializado.

Explicou que o caso de Fesán constitúe tan só unha mostra das prácticas desenvoltas polo PP no goberno galego para utilizar “fondos públicos e contactos coa administración, con trasvase de cargos incluído, e os vencellos políticos” para beneficiar a persoas achegadas.

Lembrou o caso investigado pola Operación Zeta, con trato de favor a militantes destacados, supostos cursos de formación ficticios e desvío de recursos, ou a trama dos cursos de Lalín investigado na Operación Qatedra.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar