A Xunta utiliza ás Anpas como "sucursais de Facenda"

A Xunta utiliza ás Anpas como “sucursais de Facenda”

Docasar Pleno3O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, acusou hoxe ao goberno galego de utilizar ás Anpas como “sucursais de Facenda ou mesmo oficinas de detectives privados” para conceder axudas para actividades extraescolares e complementarias dirixidas á conciliación da vida laboral e persoal das familias.

O responsable socialista presentou unha pregunta oral ao Goberno galego na que lle reclamou ao Vicepresidente Rueda un encontro con Confapa Galicia para atender ás súas “sensatas suxestións” para mellorar a xestión destas axudas financiadas nun 80 por cento polo Fondo Social Europeo e reguladas por unha resolución da Xunta publicada o 28 de decembro. Esixiulle “unha explicación e, posteriormente, unha rectificación” con relación á dita norma.

Docasar considera que os criterios de avaliación son “surrealistas” por canto “van en contra dos fins da subvención” e “exceden por completo o labor das propias Anpas”. Obrígaas así a recabar información fiscal das familias, facer previsión dos nenos e nenas que accederán ás actividades, estudos dos contornos familiares e laborais ou obxectivos de mellora da súa situación a través da actividade.

O deputado socialista sinala que os trámites esixidos resultan “engorrosos e inasumibles” para buscar a “renuncia forzada” a unhas axudas que resultan pírricas, con subvencións de 1,1 euros por hora e neno, cando o custe rolda no mellor dos casos os 5 ou 7 euros, aínda que poden chegar ata os 20 euros, e que, ademais, son “incompatibles con calquera outra axuda pública”.

Rematou Docasar a súa intervención pedíndolle ao Vicepresidente Rueda que reciba e atenda as suxestións prantexadas dende Confapa Galicia, e facéndolle entrega dunha copia da carta que este colectivo remitiu á Xunta o pasado 29 de xaneiro.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar