A Xunta trata "como inimigos" aos festivais de cinema galegos

A Xunta trata "como inimigos" aos festivais de cinema galegos

A Xunta trata “como inimigos” aos festivais de cinema galegos

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe ao presidente da Axencia Galega de Industrias Culturais –Agadic- de “tratar como inimigos” aos festivais de cinema galegos aos que deixaron sen axudas este ano por “cuestións burocráticas”. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión na que criticou a “chafallada” da xestión destas axudas.

Burgo criticou que o responsable do ente se escude en presuntas “cuestións burocráticas” para denegarlle as axudas aos cinco principais festivais de cine –Cans, Curtocircuito, Cineuropa, Primaveira de Cine de Vigo e Cinema Fantástico de A Coruña-. Confesou sentir “pasmo” diante da reacción “airada” do presidente do ente, quen “en lugar de preocuparse por resolver o asunto, respondeu con prepotencia e soberbia”.

A deputada socialista explicou que diante dos problemas no rexistro electrónico das axudas e a incapacidade de acceder á plataforma, os cinco festivais presentaron as solicitudes por escrito, a pesares do cal foron denegadas. O resultado foi que perderon a súa participación nos 115.000 euros que anualmente se reparten entre en torno a 10 festivais.

Criticou a “chafallada” da Axencia, que optou como mal menor por repartir entre estes cinco festivais os 33.000 euros que lles restaron logo de repartir as axudas, unha solución que, ironizou Burgo, “casualmente coñecemos onte, o día antes de que lles presentemos esta pregunta no Parlamento”. Sinalou que as axudas “non cobren todo o que tiñan que cubrir” xa que, explicou, soamente Cans percibiu o ano pasado 25.000 euros.

Atrancos burocráticos

A responsable socialista criticou que o Agadic “non está funcionando”, como demostran os continuos problemas tanto cos festivais de cine ou co Centro Dramático Galego, onde ven de dimitir o presidente da Comisión de selección de actores. Reclamou que “empecen a tomar decisións importantes para que o sector teña o impulso que os creadores e as empresas culturais necesitan”.

Criticou que estean “moito máis preocupados por poñer atrancos e problemas de forma e burocráticos que de levar adiante a súa labor de impulsar e protexer a todos aqueles creadores que cumpren cos requisitos de calidade e oportunidade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar
Pechar

Escribe o teu nome de usuario ou o teu enderezo de correo. Recibirás por correo unha ligazón para creares un novo contrasinal.

Pechar

Pechar