A Xunta "trampea" as listas de espera para agochar á metade dos pacientes

A Xunta "trampea" as listas de espera para agochar á metade dos pacientes

A Xunta "trampea" as listas de espera para agochar á metade dos pacientes

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, cualificou de “catastróficas” as listas de espera feitas públicas polo goberno galego. Advirte que “os datos son claramente negativos incluso facendo trampas para agochar á metade dos pacientes aplicando baremos artificiais e desprazando aos pacientes para adulterar as cifras dos principais hospitais galegos”.

Acusou ao goberno galego de “saltarse todos os protocolos” establecidos por Lei para que os membros do Consello Interterritorial de Saúde homoxeneicen as listas co único obxectivo de “agochar a realidade”. Dixo que ao diferenciar entre listas de espera estruturais e non estruturais a Xunta en realidade o que está é “agochar entre o 40 e o 50 por cento das esperas” debaixo dunha nomenclatura artificial.

Acuña anunciou que os socialistas galegos “non asumimos as listas publicadas pola Xunta” por non estar homologadas e incluír criterios artificiais. Salientou que as esperas “increméntanse aínda medindo só a espera dos pacientes graves –prioridade 1-” e puntualizou que “son tan conscientes de que os datos son negativos que continúan facendo trampas e seguen cambiando a maneira de medir” as esperas.

Así, sinalou que mentres Feijó “pretende enganarnos anunciando unha nova Lei de Garantía de tempos máximos de espera” a realidade é que están a rebaixar as esperas dos principais centros hospitalarios de Galicia trasladando aos doentes aos hospitais comarcal, como están a facer dende o Hospital de Ourense aos de Verín e Valdeorras.

Lamentou que a Xunta “quere baleirar artificialmente as salas de espera dos hospitais galegos pero o problema dos doentes persiste”, xa que lembrou que “a espera mantense aínda que sexan cambiados de centro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar