A Xunta "trampea" as listas de espera na sanidade pública galega

A Xunta "trampea" as listas de espera na sanidade pública galega

A Xunta "trampea" as listas de espera na sanidade pública galega

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou á Xunta de “trampear” as listas de espera na sanidade galega mantendo desatendidos aos doentes durante mais dun ano mentres recorre a “argucias” para impedir a entrada de novos pacientes.

 

Diante das afirmacións do Sergas, que sinala que as listas de espera son aproximadamente as mesmas que fai un ano “o que non din é que desgraciadamente, e pese ao esforzo solidario dos profesionais, os que esperan son tamén os mesmos que agardaban no mes de xullo de 2012”.

 

Acuña sinala que “na sanidade pública moitos doentes levan mais de un ano agardando para ser atendidos pola parálise que provocan os recortes do goberno de Feijóo”. Acusou ao goberno galego de buscar a diario “fórmulas para impedir que mais xente chegue sequera a figurar anotada nesas listas, como demostra o manexo que fai o PP da lista non estrutural e das axendas pechadas”.

 

A parlamentaria socialista subliñou que “as listas se manteñen iguais porque nin sae xente para ser atendida nin entra xente nova que incremente esa espera”. Advertiu que “son as mesmas 38.000 persoas que fai un ano, só que agora aínda esperan mais tempo, pois o propio Sergas recoñece que agora se esperan mais días para ser atendido”.

 

Ademais, dixo, “agora esperan todas as patoloxías, incluso as prioridades un e dous, é dicir, agora esperan todas as patoloxías, tanto si se trata dunha grave como si non”. Tamén esperan mais en todos os hospitais, completou, “incluso nos comarcais pequenos, como o de Valdeorras, onde pasaron de non ter espera a ter que agardar seis meses para ser valorados”.

 

Mentir e enganar

 

Carmen Acuña lamentou que o PP “pretende mentir e enganar á cidadanía tamén na espera sanitaria” afirmando que as patoloxías graves son atendidas “con toda rapidez” cando “a realidade é que nas listas oficiais figuran 35 días de espera para radioloxía de mama ou en torno a tres meses para endoscopias, tanto urolóxicas como dixestivas”.

 

Lamentou que as listas de espera evidencian que “cada día se espera mais para ser atendido, aínda tratándose de patoloxías graves”. Criticou que o Sergas renuncie a aproveitar os meses do verán para rebaixar a espera e, lonxe dixo, “pechan mais camas que nunca nos hospitais, anula a cirurxía ambulatoria, como ten sucedido na área sanitaria de Santiago, e amontoa pacientes nos pasillos, como vimos en Lugo”.

 

Explica que as esperas, co PP de Feijóo, “comezan xa na atención primaria, pois ao non cubrir as vacacións do persoal de primaria, o que fan é anular esas consultas”. Isto provoca que as persoas que teñen ao seu médico habitual de vacacións uns días á semana “quedan sen consulta”.

 

Acuña considera “o colmo da incompetencia” que a xerente do Sergas “aproveite e en medio do caos presuma da consulta telefónica”. Acusouna de “substituír as consultas por chamadas telefónicas pola supresión de prazas de medicina e enfermería”. Lembra que “para iso xa existía o 061” e sinala que “calquera médico se pon ao teléfono, o problema se plantea cando o doente xa nin ten médico de cabeceira”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar