A Xunta "tómalle o pelo" ás vítimas das cláusulas chan

A Xunta "tómalle o pelo" ás vítimas das cláusulas chan

A Xunta "tómalle o pelo" ás vítimas das cláusulas chan

Cláusulas sueloO portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, acusou á Xunta de “tomarlle o pelo” ás vítimas das cláusulas chan nas hipotecas. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión na que acusou ao goberno galego de renunciar á súa competencia exclusiva en materia de defensa dos consumidores.

González Santín considera un fracaso o balance presentado hoxe polo goberno, que recoñeceu que o Instituto Galego de Consumo tan só recibiu 52 reclamacións, das cales foron retiradas cero e foron sancionadas cero”. Explicou que o número de reclamacións supón apenas o 0,5 por mil dos 85.000 galegos afectados, e unha mostra do desleixo do goberno galego.

Puxo como contraste os datos rexistrados en Asturias, onde foron retiradas mais de 500 cláusulas chan por presentar unha reclamación en vía administrativa, tan só con que Consumo se dirixira á entidade, mentres outras 2.000 foron eliminadas “antes de formalizar a denuncia”. Dixo por iso que “creo que se pode facer algo mais e agardo que se faga algo mais”.

O responsable socialista preguntáralle hoxe ao goberno polo cumprimento do acordo asinado no Parlamento para habilitar os mecanismos necesarios para que o IGC tomara as medidas oportunas contra as entidades financeiras que reproduciran estes abusos.

Lamentou que o goberno galego teña decidido “marear á xente”, remitíndoos ao Banco de España, que carece de competencias en materia de consumo, e que “logo de agardar un ano ou ano e medio responderalles que acudan aos tribunais”, unha opción “cara e lenta” para os cidadáns. Así o confirmou o propio ente na súa memoria anual de 2010 e o repite en tódalas respostas ás reclamacións que recibe.

Os socialistas preguntaron hoxe por estas cláusulas, declaradas abusivas e nulas polo Tribunal Supremo, e que de acordo coa entidade francesa Société Générale, as cláusulas abusivas supoñen ata o 18 por cento da marxe de interese anual que pode gañar un banco, e a súa eliminación suporía preto do 7 por cento do conxunto dos ingresos procedentes das hipotecas e o 2,4 por cento da marxe de interese dos bancos.

Estas cifras, engade, “establecen un paralelismo claro entre o beneficio das entidades financeiras e o abuso aos consumidores, xa que “canto mais se atrase a eliminación das cláusulas solo, mais ganancias reportarán aos bancos”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar