A Xunta terá que responder no próximo Pleno das súas dúbidas sobre a sostibilidade da sanidade pública

A Xunta terá que responder no próximo Pleno das súas dúbidas sobre a sostibilidade da sanidade pública

A Xunta terá que responder no próximo Pleno das súas dúbidas sobre a sostibilidade da sanidade pública

Méndez Romeu Xunta PortavocesO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, anunciou que os socialistas galegos presentarán unha interpelación no próximo Pleno sobre as dúbidas amosadas este verán pola conselleira de Sanidade fronte á sostibilidade do sistema sanitario público. Así o dixo logo de que o PP vetara na Xunta de Portavoces a comparecencia de Feijóo para explicar a privatización masiva da sanidade.

Criticou que o presidente da Xunta se negara a dar conta das consecuencias da súa estratexia de demolición da sanidade pública logo de que a situación do Hospital de Vigo evidenciara as consecuencias desta política. Acusou ao presidente da Xunta de continuar coa “privatización a gran escala” de equipamentos e material cirúrxico, en detrimento da calidade asistencial e da racionalidade no uso dos recursos sanitarios.

O goberno galego será “arrastrado ao debate” a través dunha interpelación centrada nas dúbidas sobre a sostibilidade do sistema, cando, explicou, “o que si resulta insostible é a política de endebedamento e privatización” encetada polo goberno galego. O Pleno incluirá tamén unha proposición non de Lei na que os socialistas reclaman a dispensación da vacina contra a hepatite C aos 700 reclusos enfermos encerrados nas cadeas galegas.

Méndez Romeu lamentou tamén o veto do PP á comparecencia do presidente da Xunta para dar conta da estratexia de loita contra a desigualdade, que será levada de todos modos ao debate dentro da sesión de control ao presidente, na que o portavoz socialista preguntará a Feijóo sobre a suposta axenda social do seu goberno.

Funcionarios

O portavoz socialista acusou ao goberno galego de utilizar aos empregados públicos como “moeda de cambio” electoral ao presentar unha Lei urxente para devolverlles agora o 25 por cento da paga extra adebedada dende 2012, en plena precampaña, logo de retirárllela para cadrar as contas no seu momento.

Sinalou que “os funcionarios merecen mais respecto do que amosa este goberno”, e esixiu a devolución “da totalidade do que se lles adebeda”, e ademais con “pleno rigor procedimental”. Lembrou que a fórmula escollida polo goberno galego, de trámite urxente, pretende aprobar a Lei en tan só unha semana e sen debate parlamentario.

Os socialistas galegos tamén levarán ao próximo Pleno o comezo do curso escolar, toda vez que logo de dous plenos do Parlamento no mes de setembro o conselleiro aínda non amosou intención de comparecer para dar conta da situación e atender ás queixas da comunidade educativa polas eivas detectadas nos centros públicos.

Así, os socialistas presentarán unha interpelación sobre a situación do sistema educativo no comezo do curso e unha proposición non de Lei sobre o calendario de implantación da Lomce, que está a provocar graves problemas nos centros públicos obrigados a modificar o sistema de ensino sen contar con fondos adicionais.

O próximo Pleno incluirá tamén unha moción para reclamar un acordo para a recuperación das contas de bocarte e xurelo, unha pregunta sobre o proceso de venda da participación de Abanca en R Cable á operadora vasca Euskaltel, e unha pregunta sobre a negativa do PP, nunha pasada comisión parlamentaria, a recoñecer como vítimas de violencia machista ás mulleres ás que o maltratador lles asasina aos fillos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar