A Xunta ten que deixar de ser espectador e comezar a gobernar na defensa do sector lácteo

A Xunta ten que deixar de ser espectador e comezar a gobernar na defensa do sector lácteo

A Xunta ten que deixar de ser espectador e comezar a gobernar na defensa do sector lácteo

vacas“Non necesitamos espectadores nin acompañantes, necesitamos un goberno”, así concluíu o portavoz de Agricultura do Grupo Socialista no Parlamento, Pablo García, o debate sobre unha iniciativa para modificar o paquete lácteo e un plan do goberno galego diante do remate do sistema de cotas na UE dentro de catro meses, que foi rexeitada polo PP. Pideullo ademáis directamente o Presidente, “xa que pola Conselleira xa non espera ninguén”.

García criticou que o goberno galego leva seis anos nos que “na práctica non fixeron nada polo sector lácteo” mais alá de que a conselleira lles pedira “sentidiño” nunhas desafortunadas declaracións públicas e que o presidente se ofrecera a “acompañalos” mentres presumía da suba dos prezos do leite.

A realidade é que a conselleira “nunca se anticipou a nada, non ofreceu ningún plantexamento político” para defender aos produtores e preparar ao sector para a desparición do sistema de cuoutas. Advertiu que, malia saber dende hai seis anos da desaparición do sistema de cotas, “faltan catro meses e aínda seguen sin enterarse”.

Pablo García enumerou a lista de despropósitos do goberno galego co sector, que non foi quén de aumentar a superficie agraria útil, “que segue diminuíndo”, demostrouse incapaz de adxudicar nin unha terceira parte das axudas previstas para inxectar liquidez, tan só puxeron “trabas” á constitución de organizacións de produtores de leite –OPL- e a día de hoxe hai gandeiros que “nunca viron un contrato” de venda coa industria.

A Xunta, dixo, tan só se dedicou estes anos pasado a “sacar peito cando os prezos eran bos, sin por enriba da mesa ningunha medida para intentar conservalos”. O Presidente pensaba que chegaba con que el fose presidente para que os prezos do leite fosen bos, agora que a conxuntura internacional cambiou o sector está exactamente igual que no punto de partida”

Iniciativa

O portavoz de Agricultura presentou hoxe unha iniciativa “con catro medidas básicas” que teñen que modificarse no decreto, que existan contratos obrigatoriamente ou que a duración mínima sexa de un ano.

Tamén reclamou que se introduza a figura do mediador de forma obrigatoria, que se garanta un volumen de recollida en base os datos de campañas anteriores, que se regule a figura de primeiro comprador. Esta proposta foi rexeitada polo PP

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar