A Xunta ten que dar conta da operación especulativa da venda de EVO Banco

A Xunta ten que dar conta da operación especulativa da venda de EVO Banco

A Xunta ten que dar conta da operación especulativa da venda de EVO Banco

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamoulle hoxe ao goberno galego que “dea explicacións e dea a cara” sobre o proceso acelerado de venda de EVO Banco, que considera un “escenario de capitalismo especulativo de libro”. O responsable socialista critica a “precipitación incomprensible e non xustificada” e o “escurantismo” do procedemento.

 

Losada amosou a preocupación dos socialistas galegos pola venda de EVO ao fondo de inversións estadounidense Apollo Management, especializado en procesos de compra apalancada, que consiste na compra de empresas subsidiarias financiada pola empresa matriz.

 

Preguntou “quén vai financiar os 60 millóns de euros” que custará a operación de venda a un fondo de inversións “especializado en comprar empresas en dificultades para facer axustes drásticos e revendelas con beneficios”.

 

Advertiu que resultaría “incomprensible” que os custes recaian en NGB “cando a billa do crédito está pechada para as empresas e as familias”. Criticou o financiamento da compra por un fondo de inversións cando o prazo de venda hipotético rematarí.a en 2014, co que “en teoría non habería ningunha urxencia inmediata”.

 

Sinalou tamén que “replícase o proceso con NGB”, xa que malia que o prazo non finaliza ata 2017, o FROB apunta agora que “o proceso vaise desenvolver nos próximos meses, en setembro ou mesmo en outubro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar