A Xunta ten os deberes "sen facer" para captar os fondos do Plan de Estímulo da UE

A Xunta ten os deberes "sen facer" para captar os fondos do Plan de Estímulo da UE

A Xunta ten os deberes "sen facer" para captar os fondos do Plan de Estímulo da UE

Abel LosadaO portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu que a Xunta ten “os deberes sen facer” fronte ao Plan de Estímulo á Economía Europea anunciado polo novo presidente da Comisión, que abriu a porta a inxectar 300.000 millóns de euros na eurozona. Losada estimou que, sen ter en conta envellecemento, paro nin dispersión poboacional, Galicia debera percibir un mínimo de 1.500 millóns.

Así o dixo no debate en Comisión dunha proposición non de Lei na que reclamou un plan global transversal aberto ás aportacións do Parlamento que defina prioridades e obxectivos e que permita optar a estes fondos. Advertiu que “Galicia debe facer os deberes e lanzar unha mensaxe dunha mínima análise prospectiva” para dispor duns fondos “que convén aquilatar e axustar a uns obxectivos definidos”.

Explicou que “a realidade é que no horizonte hai uns fondos que Galicia pode e debe analizar” logo de constatar que a actuación e a planificación económica de Feijóo e do seu goberno cóntase “fracaso tras fracaso”. Dixo que o PP está a lastrar Galicia cunha obsesión polo déficit cero que está levando á UE camiño da estanflación –estancamento da economía e caída dos prezos-.

De acordo con este anuncio de Junker, dixo, “agardamos que teña que incrementar a masa monetaria e superar o medo atávico de Alemaña á inflación” e puntualizou que “polo pronto os mercados así o entenderon”, polo que comezaron a aumentar os tipos de interese e a conta de resultados da bolsa.

Brindes ao sol

Mentres, dixo, Feijóo permanece atado a unhas expectativas que se contan por quimeras e “brindes ao sol”, como é a previsión dun crecemento da economía galega dun 2 por cento para o ano 2015, tal e como sinalan os orzamentos da Xunta.

Explicou que dita previsión resulta incrible por canto parte de ter previsto un 0,9 por cento para 2014, que logo aumentou ao 1,2 por cento, para ver cómo en pleno mes de outubro, a menos de tres meses do peche do exercicio, Galicia mantense nun 0,5 por cento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar