A Xunta substitúe as escolas infantís públicas por unha "choiva fina" de cheques e bonos electorais

A Xunta substitúe as escolas infantís públicas por unha "choiva fina" de cheques e bonos electorais

A Xunta substitúe as escolas infantís públicas por unha "choiva fina" de cheques e bonos electorais

Comedor escolarA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe ao goberno galego de “substituír o servizo público –das escolas infantís- por unha choiva fina de cheques e bonos que veñen moi ben en época electoral”. A deputada socialista presentou unha proposición non de Lei para equiparar a ratio de profesores por alumno á media estatal e traspasar as escolas infantís á Consellería de Educación.

O PP anunciou o veto a esta proposta socialista, que será votada mañá malia que o debate tivo lugar hoxe, ao que replicou a deputada socialista acusándoos de centrar a súa actuación en materia de escolas infantís en “espallar chequiños” en lugar de impulsar medidas de conciliación.

Gallego advertiu que o número de prazas de escolas infantís continúa a ser insuficiente porque o goberno de Feijóo limitouse a finalizar os centros proxectados polo goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño sen apenas crear novos centros. Así, explicou que só 7 das 61 escolas postas en marcha foron concibidas integramente polo Executivo de Feijóo, que para o próximo ano tan só prevé outras seis.

A responsable socialista lembrou a necesidade de poñer en marcha a construción dun mínimo de 20 novas escolas infantís para atender á necesidade de prazas e ao impulso do servizo especialmente no rural. Criticou que o goberno galego quebrou a universalidade no acceso “porque non hai prazas e porque priorizan aos pais e nais con traballo e lle negan este dereito aos que están no paro e necesitan formarse e buscar emprego”.

Ademais, advertiu que “dificultan o acceso a nenos e nenas a través do prezo” das escolas infantís, logo dun incremento “brutal” das taxas, que pasaron de 110 a 160 euros dun ano para outro, mentres o servizo de comedor pasaba de 33 a 70 euros, e “agora as persoas que cobran 266 euros están obrigadas a pagar polo servizo 16,5 euros”.

Ao mesmo tempo, dixo, “recortan persoal sibilinamente”, sempre por debaixo do que a lexislación estipula para convocar ao Comité de Empresa e dar paso á actuación das centrais sindicais. A consecuencia é que hoxe “contan maioritariamente con persoal interino e feminino, que desenvolve a súa actividade sobrepasando a ratio de alumnos por persoal”.

Esta situación afecta á calidade dun servizo que, si ben neste momento é xestionado pola Xunta a través do Consorcio Galego de Benestar, a partir do próximo 1 de xaneiro debera ser xestionado pola Axencia Galega de Servizos Sociais, puntualizou que “isto é en teoría, porque a día de hoxe ninguén pode afirmar que a Axencia vaia poder facerse cargo”.

Comedores escolares

A deputada socialista alertou de problemas cos menús de “algúns centros de escolas infantís” semellantes aos rexistrados nos comedores escolares dependentes da Consellería de Educación, como é o caso de O Pitaño, en Vilagarcía.

Esta é a consecuencia, dixo, “da maneira que teñen de sacar a concurso público as prestacións e de que acepten baixas temerarias” que despois reducen a calidade do servizo como unha mostra máis do deterioro progresivo que están a provocar na rede pública “aderezado coa maior dificultade que impoñen aos pais e nais polo incremento de prezos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar