A Xunta só recuperou unha de cada catro prazas de traballadores públicos destruídas na sanidade

A Xunta só recuperou unha de cada catro prazas de traballadores públicos destruídas na sanidade

A Xunta só recuperou unha de cada catro prazas de traballadores públicos destruídas na sanidade

A portavoz de Función Pública do Grupo Socialista, Noela Blanco, criticou hoxe que a anunciada recuperación de prazas de funcionarios na sanidade pública redúcese ao 23,2 por cento. No debate dunha interpelación no Pleno celebrado hoxe, sinalou que a Xunta só recupera unha de cada catro prazas que teñen deixado vacantes.

Blanco sinalou que mentres a Xunta anuncia unha taxa de reposición do cen por cen, “agochan que e refiren só ás vacantes xeradas en 2015, deixando sen cubrir as prazas que deixaron sen cubrir entre 2010 e 2014. En total, o goberno galego produciu 3.527 vacantes e só recupera 818, “esquecendo” un total de 2.709 prazas, o que resulta “absolutamente insuficiente para atender as necesidades do sistema e a calidade na atención aos doentes.

A deputada socialista explicou que a redución de persoal laboral, estatutario e funcionario ten ascendido ata un total de 5.820 empregados públicos que son substituídos no mellor dos casos por persoal contratado en precario, cando non son amortizadas as prazas ou cubertas por empresas privadas para suplir as carencias xeradas polo propio goberno.

Negociación colectiva

Criticou o carácter “electoral” da aparente recuperación da negociación colectiva anunciada polo goberno galego para ofrecer agora a devolución do complemento das pagas extra correspondente ao ano 2013, precisamente en cumprimento das sentenzas xudiciais que a propia Xunta ten recorrido.

Dixo que o anuncio da devolución do complemento é feito “porque se achegan as eleccións, ante a presión das centrais sindicais e ante as numerosas sentenzas que corroboran a ilegalidade do retallo”. Blanco considera “cinismo político” que presenten como un éxito da negociación colectiva “os mesmos que dinamitaron o diálogo nestes anos”.

Advertiu que o anuncio da restitución da paga extra a partir do ano 2017 é o equivalente ao anuncio de Feijóo antes das eleccións do ano 2012, cando dixera que non volvería tocar os salarios dos empregados públicos, para pasar a reducilos nun 4 por cento dous meses despois das eleccións. Sinalou que “a diferenza é que hoxe ninguén os cre e que en 2017 previsiblemente non estarán gobernando”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar