A Xunta "só estivo para xerar alarma e caos" na crise da auga de Ferrolterra

A Xunta "só estivo para xerar alarma e caos" na crise da auga de Ferrolterra

A Xunta "só estivo para xerar alarma e caos" na crise da auga de Ferrolterra

AugaA deputada socialista Beatriz Sestayo acusou hoxe a Xunta de limitarse a “xerar alarma e caos” na crise da auga de Ferrol. A responsable socialista presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para esixir responsabilidade do goberno galego por deixar a 150.000 habitantes de Ferrolterra desamparados sen auga potable fronte a unha crise que tiveron que resolver os seus concellos.

A deputada socialista denunciou que mentres o conselleiro de Vicepresidencia negábase a activar o Plan de Emerxencia porque, segundo el, non se poden activar alegremente, o portavoz do partido, Miguel Tellado, acusaba ao alcalde de “envelenar á poboación”, e Feijóo non se achegaba por Ferrolterra mais que para “facerse unha foto tomando algo o domingo na praia de Doniños”, o que cualificou de “absoluta frivolidade”.

Sestayo quere que o goberno explique o risco para a saúde desta crise e aclare así a contradición entre as decisións de Rueda e as declaracións de Tellado, así como as acusacións do PP contra a empresa concesionaria da auga de Ferrol, Emafesa, sobre unhas presuntas presións á Xunta para non decretar a alarma.

Respondeu a este rosario de despropósitos reclamando a comparecencia da conselleira de Sanidade como máxima responsable en materia de saúde pública e de deixar a cinco concellos sen auga potable. Tamén solicitou a comparecencia de Alfonso Rueda como responsable de activar o plan de emerxencia cando hai risco para a poboación.

Lembrou que a Consellería de Territorio dispón de competencias para abastecer de auga potable á poboación, que non exerceu deixando aos concellos a responsabilidade do abastecemento á cidadanía de auga embotellada e a través cisternas pola “negativa explícita” da Xunta.

A responsable socialista presentou ademais unha interpelación e unha serie de preguntas ao goberno sobre a decisión deliberada de “non tomar ningunha medida” para resolver a situación “mais alá de facer as analíticas”. Sinalou que as institucións teñen “o dereito e o deber” de garantir o subministro de auga potable que, de acordo coa OMS, resulta vital e especialmente importante nos meses de verán.

Vergonzoso papel institucional

A deputada socialista advertiu do “vergonzoso papel institucional” do goberno galego, que logo de comunicar a través dun fax e unha chamada telefónica o xoves día 16 a obriga de restrinxir o consumo da auga, a delegada da Xunta emprazaba ao alcalde a poñerse en contacto o luns, catro días despois.

Criticou tamén a falla absoluta de comunicación formal do goberno galego co Concello, que tivo que recoller información acudindo a unha rolda de prensa da delegada territorial de Sanidade e a delegada da Xunta o sábado á noite.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar