A Xunta sitúa na alegalidade ao 89 por cento das concesións de transporte

A Xunta sitúa na alegalidade ao 89 por cento das concesións de transporte

A Xunta sitúa na alegalidade ao 89 por cento das concesións de transporte

O portavoz de Transporte do Grupo Socialista, Raúl Fernández, reclamoulle hoxe ao goberno galego que asuma “responsabilidades políticas” por ter situado “na alegalidade” ao 89 por cento das concesións de transporte. O deputado socialista presentou unha interpelación logo da sentenza do Tribunal Supremo anulando 129 das 144 prórrogas concedidas pola Xunta en 2010.

Fernández acusou ao goberno galego de situar ao sector “na incertidume, vítima dos enganos dos gobernos do PP”, que asinaron prórrogas por dez anos a cambio dun plan de modernización. Os transportistas e os usuarios ven cómo, seis anos despois, o decreto da Xunta é anulado polo Tribunal Supremo por contravir a normativa comunitaria cunhas perdas estimadas de 100 millóns de euros.

Neste momento, dixo, 129 concesións están exercendo os seus servizos en precario e “cunha grave inseguridade xurídica derivada das temerarias resolucións dos seus gobernos”. As empresas atópanse ademais, dixo, “atadas ao Plan de Modernización” esixida polo goberno galego “sen saber qué facer agora”.

A conclusión da xestión dos gobernos de Feijóo é que “hoxe non temos nin prórrogas legais, nin modernización da flota, nin mellores servizos interurbanos, nin nova Lei de Mobilidade nin concurso de concesións”. Acusou neste sentido á conselleira de “non ter asumido responsabilidades pasadas polas consecuencias das súas decisións, nin presentes pola actual situación do sector nin futuras coas decisións que deben tomar”.

Glorieta

Raúl Fernández explicou que a conselleira “atópase politicamente metida nunha glorieta na que da xiros indefinidamente ata o punto de que non sabe por onde entrou nin por onde ten que saír”. Lamentou “cobardía política” demostrada por un goberno que se ten instalado nun “falso ton triunfalista” para “agochar a súa ineficiencia, ineficacia e prepotencia do Executivo, do seu presidente e da responsable de Transportes”.

O deputado socialista criticou a “pasividade” demostrada pola Xunta na materia de transporte, que chega a ser “mesmo de connivencia” coa supresión de rutas e frecuencias do transporte público de viaxeiros. Ironizou co feito de que “so foi vostede activa na renovación da dirección xeral de Mobilidade, con 3 responsables diferentes en pouco máis de 3 anos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar