Feijóo sentenciou ao Hospital do Centro Galego de Bos Aires provocando o seu colapso

Feijóo sentenciou ao Hospital do Centro Galego de Bos Aires provocando o seu colapso

Feijóo sentenciou ao Hospital do Centro Galego de Bos Aires provocando o seu colapso

A portavoz de Emigración do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Marisol Soneira, acusou á Xunta de ter “provocado a situación crítica” do Hospital do Centro Galego de Bos Aires, que esta semana foi intervido pola xustiza arxentina. Criticou que “en lugar de tender pontes e buscar saídas ás dificultades financeiras do centro, Feijóo sentenciouno aillando aos seus lexítimos responsables”.

A responsable socialista dixo que a Xunta de Galicia ten “asfixiado deliberadamente ao Centro para provocar o seu colapso” logo dunhas eleccións internas nas que perdeu a candidatura auspiciada polo PP, que “mesmo presentaba o retrato do presidente da Xunta como aval”. Dixo que “no momento en que esta candidatura foi derrotada a Xunta deulle as costas e negouse durante seis meses a manter contactos coas autoridades”.

Soneira lamentou a actitude amosada polo para un centro con 105 anos de historia, que é o lugar onde faleceu o histórico galeguista Castelao, e que a Xunta, “en lugar de tender pontes coas autoridades arxentinas responsables da saúde, cultivaron con ostentación a relación coa oposición interna á administración de Kirchner”.

A conclusión, advirte, foi que a situación financeira tornouse insostible e a xustiza arxentina interveu o centro, ao que se engade o recente nomeamento de Santiago Camba, o alto cargo da Xunta mellor remunerado na pasada lexislatura como secretario xeral de Emigración, como conselleiro de emprego e seguridade social, o que “abre unha perigosa incertidume sobre o futuro do Hospital Gallego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar