A Xunta segue sen concretar que prezo sostible deben cobrar os gandeiros polo litro de leite e que axudas recibirán as explotacións

A Xunta segue sen concretar que prezo sostible deben cobrar os gandeiros polo litro de leite e que axudas recibirán as explotacións

A Xunta segue sen concretar que prezo sostible deben cobrar os gandeiros polo litro de leite e que axudas recibirán as explotacións

Pablo GarcíaOs socialistas galegos amosaron hoxe unha vez máis no Parlamento a súa preocupación polo sector lácteo, “xa que o Goberno e a Xunta aseguran que o documento asinado é similar ao de Francia, pero alí o prezo por litro que cobran os gandeiros chegará aos 35 céntimos en decembro”.
Nunha pregunta oral en comisión, o portavoz de Medio Rural do PSdeG no Parlamento, Pablo García, trasladou “a inquedanza que vive o sector, que aínda non sabe canto cobrará polo leite, como se van repartir os 25,5 millóns de euros da UE ou se os que cobren os 300 euros de axuda entrarán tamén enste reparto”.
Na súa resposta, a directora xeral de Producción Agropecuaria, Patricia Ulloa, limitouse a insistir en que a Xunta está cos gandeiros, pero non foi quen de concretar como se articularán as axudas. “Pasa o tempo e máis alá dos titulares, as administracións non achegan solucións para un sector en grave crise”, afirmou García.
“A converxencia de factores como a liberalización da produción a nivel europeo, a ausencia dun tecido industrial que xere valor engadido e a nula capacidade política da Xunta para liderar este proceso, desembocaron na crise perfecta que de non atallarse vai a levar por diante a moitas explotacións, e con elas quizais o último sector que vertebra o territorio”, engadiu.
En opinión do deputado socialista, “nestes últimos meses asistimos en Galicia a feitos paradigmáticos, de tal xeito que onde o prezo do leite é o máis baixo de Europa, é o único lugar onde se deron casos claros de ameaza real de non recollida do produto”.

“Isto pon de manifesto a ausencia dunha estratexia do sector sen dúbida, pero sobre todo dunha ausencia de estratexia política por parte do Goberno estatal e de quen debería lideralo polo que este sector representa aquí, a Xunta, que ata fai soamente apenas un mes negaba sistematicamente que existise tal problema”, apuntou García.

“O sector leva meses de mobilización continua, foron moitas as manifestacións e tractoradas en moitas comarcas galegas, pero sen embargo asiste impasible esperando unha resposta clara e contundente por parte dos gobernos que non acaba de albiscar”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar