A Xunta secuestra información sobre as axudas de Traballo a empresas de Ferrol

A Xunta secuestra información sobre as axudas de Traballo a empresas de Ferrol

A Xunta secuestra información sobre as axudas de Traballo a empresas de Ferrol

Fotografía de Óscar Corral

Fotografía de Óscar Corral

A deputada socialista Beatriz Sestayo denunciou hoxe que a Xunta “mantén secuestrada” información sobre as contratacións do goberno galego, nomeadamente da Consellería de Traballo, con empresas e entidades de Ferrol. Sestayo formulou unha pregunta oral na Comisión Institucional do Parlamento que foi cualificada de “inaudita e irrealizable” polo goberno, polo que reclamou o amparo da Mesa.

Sestayo sinalou a contradición do goberno galego, que ofrece o dato global dos contratos do goberno con entidades da cidade, de 174 millóns de euros, pero evita ofrecer o detalle das axudas. Preguntou “que teñen que agochar” para “amordazar” á Cámara, incumprir o Regulamento do Parlamento e a propia Lei de Transparencia do goberno galego.

A deputada socialista apuntou como “evidente que queren agochar a información” relacionada cunha Consellería, a de Traballo, que está a ser investigada pola presunta concesión irregular de axudas por cursos de formación que supostamente eran desviadas ao financiamento ilegal do PP, na trama investigada pola denominada Operación Zeta.

Criticou que “lonxe da preocupación terrible que quere trasladar Feijóo cada vez que se lle pregunta pola corrupción”, a realidade é que “os grupos da oposición somos insultados cando queremos facer a nosa función de control ao Goberno”. Lembrou que a pregunta formulada hoxe tivo que ser reconvertida nunha pregunta oral en Comisión logo de que a Xunta se negara a respondela por escrito.

Amparo da Mesa

A responsable socialista reclamará o amparo da Mesa do Parlamento logo de que o goberno incumprira a súa obriga de responder, e reclamoulle ao director xeral de Administración Local “desculpas aos grupos parlamentarios e á propia Mesa do Parlamento”.

Así o dixo logo de que o alto cargo cualificara de “inaudita e irrealizable” esta demanda de información, xa que, lembrou Sestayo, a Mesa do Parlamento ten entre as súas funcións a de cualificar as iniciativas parlamentarias, rexeitando as que son consideradas como “inauditas e irrealizables”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar