A Xunta rexeita calquera responsabilidade no peche da Cooperativa La Arzuana ou na quebra de Alimentos Lácteos, limitándose a afirmar que está “enoxada e fastidiada”

A Xunta rexeita calquera responsabilidade no peche da Cooperativa La Arzuana ou na quebra de Alimentos Lácteos, limitándose a afirmar que está “enoxada e fastidiada”

A Xunta rexeita calquera responsabilidade no peche da Cooperativa La Arzuana ou na quebra de Alimentos Lácteos, limitándose a afirmar que está “enoxada e fastidiada”

Pablo GarcíaA Xunta de Galicia rexeitou hoxe calquera tipo de responsabilidade no cese de actividade de Alimentos Lácteos e de iniciativas vinculadas ao proxecto, como é o caso de Cooperativa La Arzuana.
O portavoz de Medio Rural do PSdeG, Pablo García, fixo hoxe dúas preguntas en Comisión sobre estes temas. Na primeira, manifestou que “con 270 gandeiros afectados e con máis de dez traballadores, a Cooperativa La Arzuana vén de anunciar o cese na súa actividade, despois de que a propia dirección da mesma non garantira o pago dos tres meses de entregas de leite de media que se lle deben aos gandeiros”.
O cese da actividade desta cooperativa enmárcase dentro do proceso seguido por Alimentos Lácteos, xa que a entidade era socio principal cun 30% de dito proxecto, que contou co respaldo financeiro da Xunta de Galicia e que en maio do ano pasado tamén se declarou en concurso de acredores.
García lembrou que Alimentos Lácteos foi presentado pola Xunta de Galicia como o xerme dun grupo lácteo galego de base cooperativa, e polo tanto debería contar co apoio financeiro da Administración autonómica. “Ben é verdade que dende o principio había serias dúbidas sobre a viabilidade do proxecto, por carecer dunha base cooperativa sólida e polo tanto tamén de produto propio”, afirmou o socialista.
“A pesares de existir outro proxecto que baixo o noso punto de vista, e tamén da maior parte do sector, contaba con máis solvencia e polo tanto de máis garantías de éxito, a Xunta de Galicia decidiu dende o primeiro momento que só habería proxecto se era cunhas determinadas cooperativas ao fronte”, apuntou. A iniciativa foi un fracaso e quebrou en 2013 con 20,7 millóns de euros de débeda.
“Todo esto pasou nunha empresa onde a Xunta de Galicia era no fondo a que tomaba decisións”, engadiu García, pero na súa resposta a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, rexeitou responsabilidades por parte do Goberno galego, e limitouse a afirmar que está “fastidiada e enoxada” polo acontecido no sector.
Na segunda pregunta, o deputado socialista lembrou que a empresa Pascual acaba de firmar un acordo de venda da súa planta de Outeiro de Rei á empresa Logística Alimentaria.
Dita planta cerrou no ano 2009 despois de presentar un ERE e posteriormente foi alugada para o proxecto de Alimentos Lácteos, percibindo cuantiosas subvencións por parte da Xunta. En maio de 2013 entrou no concurso de acredores, revertendo de novo a planta á Pascual para a súa actual venda.
“A Xunta investiu oito millóns, aos gandeiros se lle adebedan cartos, os traballadores foron despedidos, os xestores e concelleiros do Partido Popular condenados”, e despois de todo isto “Pascual volve a vender a planta e a Xunta non considera nin que teña que dar ningún tipo de explicación, cando foi a Administración a que creou, desenvolveu, realizou sin ningún tipo de criterio económico senón político este proxecto, e tamén liquidou”.
De todo este despropósito, os verdadeiros perxudicados son os gandeiros e o sector en xeral. E o que “é inaceptable e que o propio Goberno se moleste porque pidamos explicacións”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar