A Xunta retrasou tres anos o proceso de simplificación de cargas administrativas para as empresas

A Xunta retrasou tres anos o proceso de simplificación de cargas administrativas para as empresas

A Xunta retrasou tres anos o proceso de simplificación de cargas administrativas para as empresas

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, sinalou que a Xunta ten retrasado tres anos o proceso de simplificación de cargas administrativas para as empresas. Así o dixo no debate dunha pregunta oral que se celebrou hoxe no Parlamento.

Méndez Romeu reclamou ao goberno galego que siga o precedente do que se ven facendo no ámbito estatal dende 2007, nun proceso que coincidiu co inicio dun programa de simplificación de cargas a nivel europeo en 2007. Así, reclamou á Xunta que “identifique as cargas que realmente as empresas senten como molestas, contrarias ou prexudiciais” e que non incidan sobre a seguridade ou control dos procedementos.

Lamentou que a Xunta “non se decatara de qué vai isto” cando o Goberno central ten adoptado 283 medidas que supuxeron un aforro de 5.500 millóns de euros das empresas en trámites, ademais doutras 22 aprobadas o pasado venres e que aforran 711 millóns de euros. O obxectivo final, dixo, é reducir estes custes nun 30 por cento, o que suporía ata 15.000 millóns de euros -o 4,6 por cento do PIB-.

O responsable socialista instou á Xunta a que siga tamén o camiño marcado por autonomías como País Vasco ou Asturias, que xa comezaron con plans semellantes e que aforran “especialmente nos pregos administrativos e técnicos para a contratación pública, nos procedementos de comunicacións de actividade coa presentación de documentación ou no uso das vías telemáticas”.

Méndez Romeu sinalou que hai “moitas áreas susceptibles de reducir cargas”, e nomeou as solicitudes de autorización de apertura, a recompilación e presentación de documentos oficiais, a formalización de documentos públicos de actos empresariais, actividades para a conservación de libros de contabilidade, os procesos de información a terceiros por etiquetaxe ou a presentación de informes e documentos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar