A Xunta retrasa meses as prexubilacións na pesca

A Xunta retrasa meses as prexubilacións na pesca

A Xunta retrasa meses as prexubilacións na pesca

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, ven de presentar unha serie de iniciativas nas que denuncia retrasos “de meses” por parte da Xunta no pago das axudas de mil euros por persoa ás prexubilacións na pesca. Soneira acusa ao goberno galego de “detraer un dereito recoñecido sen explicacións”.

Soneira apunta que “unha parte das persoas que teñen recoñecido o dereito a percibir estas axudas acumulan retrasos de meses na percepción” dunhas subvencións que si ben son xestionadas pola Xunta proceden da UE e do Goberno central. Lembra que estas paralizacións obrigan aos afectados a pagar eles mesmos as cotas da Seguridade Social “xa que de non facelo poñen en risco a súa pensión de xubilación”.

Lamentou a “escasa sensibilidade amosada polo goberno galego” para “economías que se moven no límite da subsistencia” e “rendas modestas a quen a administración detrae un dereito recoñecido sen dar unha explicación”. Reclama ao Goberno galego que explique na Cámara autonómica polos motivos destes retrasos e “a qué destina a Consellería do Mar os fondos recibidos para esa finalidade por parte da UE e do Estado”.

Axudas

Sinala que estas axudas paralizadas pola Xunta corresponden á orde do 13 de xaneiro que convoca axudas socioeconómicas cofinanciadas polo Fondo Europeo da Pesca nun 61 por cento e polo Estado no 39 por cento restante.

A parlamentaria socialista explica que, de acordo con esta orde os demandantes desta axudas, unha vez concedidas, recibirían un importe en torno aos mil euros cos que deben aboar a cota da Seguridade Social ata os 65 anos, cando pasen a percibir a correspondente pensión de xubilación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar