A Xunta retrasa deliberadamente o novo Centro de Saúde de Vilagarcía

A Xunta retrasa deliberadamente o novo Centro de Saúde de Vilagarcía

A Xunta retrasa deliberadamente o novo Centro de Saúde de Vilagarcía

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, responsabilizou hoxe ao goberno galego do retraso das obras para realizar un novo Centro de Saúde no solar do Porto fronte á Alameda. O responsable socialista reclamoulle ao goberno que acepte a proposta do Concello, máis barata e cunha localización idónea en pleno centro da vila e comprometeu o apoio financeiro do Concello para levar adiante o derrubamento da antiga Comandancia.

Torrado sinalou que “o Centro de Saúde vaise facer, poden retrasalo pero non impedilo”, e explicou que o solar de 5.000 metros cadrados co inmoble da antiga Comandancia actualmente sen utilizar suporía apenas un custe de 200.000 euros para a súa demolición, xa que a Lei de Portos permite a cesión gratuíta con fins sociais. Instou ao conselleiro a admitir a proposta do Concello e definir se “queren ou non facer o Centro de Saúde”.

O responsable socialista explicou que o novo solar propiedade do Ministerio de Xustiza, ao carón do anterior, suporía un custe de 2,5 millóns de euros, 12,5 veces máis caro que a proposta do Concello por un solar de 1.800 metros cadrados menos.

Acusou ao goberno galego de levar “mareando co asunto durante anos”, nos que os arousáns tiveron que atender a unha poboación de 40.000 persoas, que se duplica no verán, nunhas instalacións que se remontan ao ano 1974. Os usuarios teñen que soportar problemas de accesibilidade, ascensores que se estropean constantemente, temperaturas de máis de 35 graos e problemas funcionais graves.

Necesario e urxente

Advirte que o novo centro resulta “necesario e urxente” e atende ademais a unha demanda social e médica que se remonta ao ano 2009, cando o daquela presidente do Porto de Vilagarcía asinara a cesión a Sanidade da antiga Comandancia da Mariña.

Acusou ao goberno de Feijóo de retrasar deliberadamente a decisión ata despois das eleccións autonómicas, nas que desbotou a proposta do Concello, agora de novo cun alcalde socialista, con “escusas de mal inversor”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar